Google+

A voltas co computo da guardia

Sei que moita xente dirá que isto non afecta á enfermeiría; coido que se trabucan pois afecta e moito e mais afectará si de verdade se poñen en marcha as especialidades.

Hai 4 anos aprobouse a directiva 2003/88/CE "relativa a determinados aspectos da ordenación do tempo de traballo" que recollia como computables as horas de guardia presencial foran ou non con actividade. A patronal europea e paises como o Reino Unido e Alemania estan a presionar para que na revisión desta directiva se modifique isto e na vindeira xuntanza do consello de ministros de traballo, politica social, sanidade e consumidores que se vai celebrar os días 9 e 10 de San Xoan se vai debatir unha proposta de Eslovenia no sentido de modificar isto e que as horas inactivas de guardia NON computen como traballadas...

Seguramente que o MSC en nome das comunidades se opora 'formalmente' mais a ningúen se lle escapa o ruido de "vento de alivio" que se produciría nos despachos de modificarse a norma pois, ista SI, a aplicarían rápidamente e non como a do 93 que a tiveron "oculta" nos caixons ata que as sentenzas xudiciais lles obrigaron a cumplila.

Coido que sería un pouco temerario tomar esa medida e non só en prol da "calidade" do traballo realizado durante a guardia e os posibles abusos que se cometerían (imaxinadevos as consecuencias do tema na sanidade privada) senon pola entrada en escea do factor "actividade/inactividade" e a consecuente burocracia para xustificar que calquer tarefa realizada no periodo de guardia se compute (como corresponde) e... como computar eses "momentos Jhonn Ballan" nos que facemos varias tarefas ó mesmo tempo?... vai ser moi interesante (ou non).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input