Google+

As vontades e a enfermería.

Na semana pasada tocou no meu centro a visita da equipa encargada da implantación do rexistro de instruccions previas no Sacyl (Dirección Xeral de planificación, calidade, ordenación e formación). Trátase dunha iniciativa que tenta cubrir unha grande deficiencia prágmatica e cumprir co imperativo legal expresado na lei 41/2002. O plantexamento semella correcto pois a campaña divulgativa levase a cabo no tempo de posta en marcha do rexistro de instruccions previas e coincide coa entrega das claves de acceso ó mesmo para o persoal facultativo A1 do Sacyl. Mais, ¿u-la enfermería?

No eido dos coidados paliativos unha das definicions mais recoñecidas é a que dí que ó doente xa non se lle percura a sanación senon o alivio e que a dignidade humana pasa a se-la primeira consideración da atención sanitaria. A enfermeiría ten tanto na atención primaria como na especializada e nos centros socio-sanitarios un papel destacado e relevante na atención a estes doentes e mantén un contacto mais frecuente propio da intensidade dos coidados que istas persoas precisan.

No eido da información sanitaria en xeral a enfermería ten as obrigas deontolóxicas i éticas propias dunha profesión sanitaria desenrolada e ten os coñecementos e as ferramentas de comunicación precisas para levar a cabo esta tarefa tanto de xeito informal dentro das súas actividades diarias como de xeito formal dentro de campañas de difusión e sensibilización institucionais.

Polas capacidades enumeradas non entendo, e me semella un grande erro, que tanto no texto normativo como nos folletos da campaña divulgativa se ignore o papel da enfermería tanto no asesoramento dos doentes sobre que é e para que sirve un escrito de instruccions previas como para a información de como se fan nas súas diversas modalidades e como a inscripcion do mesmo no rexitro do Sacyl pode facilitar o seu recoñecemento no caso de seren preciso incluso noutros centros e servicios de saude diferentes do domicilio.

Trátase dunha incoherencia facer fincapé no grande traballo da profesión enfermeira no eido dos coidados paliativos e da información á poboación e que se lle ignore completamente no intre de por en marcha esta ferramenta de "coresponsabilidade" dos doentes cos seus coidados. A enfermeiría pode orientar a moitos doentes a interpretar correctamente as posibilidades dun documento de instruccions previas e as vantaxes de rexistralo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input