Google+

E cando semellaba que o tiñamos claro, veu a CIG...

E se descolgou con isto.

Pensei que era eu quen aparentaba non ter claro a orientación e os obxectivos do sistema sanitario público mais vexo que a complexidade do sector abraia ainda ós mais caracterizados do "públicamente público".

Podo entender que un sindicato reivindique a defensa dos postos de traballo, podo entender que a relación SERGAS-POVISA implique xa unha grande dependencia mais de ahí a deixar que esa relación condicione o futuro dun investimento que se acaba de decidir... vai o camiño do intelixible. Eu non vou dicir que a CIG está a reinvidicar a "integración" dos traballadores de POVISA no SERGAS mais sí semella actuar de axente dos accionistas da entidade.

A construcción do 4º hospital, o grande hospital de Galicia-sur, vai conlevar o reordenamento de tódolos servizos e prestacions sanitarias no seu entorno, o peche mais ca probable de camas de hospitalización de agudos públicas e concertadas nos actuais centros e o seu desprazamento ó novo hospital e a "reconversión" cara a centros de especialidades, centros de atención 'rápida' e (coido) camas de servizos socio-asistenciais ou conceptos similares e o papel da Policlinica de Vigo deberá trocar para que os cartos públicos que alí se empregan pasen a xerar outro tipo de rendemento.

Como competidor dentro do sector privado POVISA ten un "exceso de músculo" que pode facer que precise 'axustes' mais non vexo que teña que desaparecer totalmente e de xeito súpeto o concerto actual e pode que a sanidade pública precise da infraestructura de POVISA durante o tempo que dure o axeitamento do novo hospital e masi das actuais instalacions ós seus novos usos; iso daralle tempo ó comité de empresa e a 'parte social' a atopar solucions a ese axuste si é que é preciso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input