Google+

Desacordo escenificado

Onte non tiña azos para escribir, o pasamento dun compañeiro deixoume algo taciturno. ¿porqué lle pasan estas cousas a xente BOA?.

Cando nunha xuntanza todos coidan levar cartas "exclusivas" pasa que todos coñecen a mesma información e o resultado da xuntanza xa se dá por suposto.

Os facultativos negociaron ó final da súa folga un substancial incremento das cantidades a cobrar nos programas de autoconcerto e o sacyl cedeu pois decidiu saca-los cartos das outras categorías, en especial daquela cuios votos serven para que os facultativos acaden mais representatividade da que, numéricamente, lles corresponde.

Asi pois cando a nosa dirección nos ven a informar do que hai xa están tódalas contas botadas, salvo desesperación ningúen vai facer ese traballo a ese prezo porque non só non hai un aumento correlativo ó das outras partes implicadas no programa senon que, incluso, hai unha disminución do pagado por prestación.
Non considero a miña vida coma a porcentaxe da vida de ningúen así que non acepto premisas que, por outra banda, non veñen en diario oficial ningún salvo por deducción aritmética. O que se podería xustificar como unha tentativa de hipereficiencia (facer mais por menos) non o é si se ten en conta a montante total da prestación e dubido, e bastante, que contratando persoal para eses turnos se conquira eficiencia salvo que se faga a tempo parcial e só unha parte do persoal que, ata agora, realizaba xornada voluntaria para o autoconcerto.

Á volta do verán saberemos como avanza esta comedia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input