Google+

Destellos

nº2 Lendo un interesante artigo do número 42 da revista “Temas” da editorial Investigación y Ciencia adicado ó Corazón atopei un coñecido paradoxo enunciado por Lewis Thomas que di:

“O que consideramos unha técnica punteira non deixa de seren un rudimento rupestre pois son rudimentarios os nosos coñecementos sobre a enfermidade.
A cota superior da técnica sanitaria móvese en custes baratos derivados dunha boa comprensión da enfermidade (por exemplo as vacinas); a cota inferior, moi cara, está mais atenta a remediaren os danos da enfermidade que á súa prevención”.

Certamente eu sempre dixen que traballo nun campo que é o paradigma do fracaso da sanidade: O quirófano. E se trata dunha tarefa paradoxal na que hai que inferir un dano i expor ó doente a un risco elevado para tentar remedia-los danos do proceso patolóxico.

Pois nese campo de traballo invístense grandísimos recursos en investigación, desenrolo, conservación e uso de tecnoloxías moitas veces de dubidoso “valor engadido” para o doente e con escaso rendemento para o conxunto do sistema sanitario. Ós profesionais obsesiónanos coñeceren e sabermos emprega-la tecnoloxía e a penas temos coñecementos e habilidades para facer avaliacións que respondan ás preguntas: ¿é isto beneficioso para o doente?, Si emprego esta tecnoloxía ¿a cantas persoas podo beneficiar directa e indirectamente?, ¿e si non a emprego?; O que custa esta tecnoloxía ¿deixa recursos para que a atención ó conxunto dos doentes sexa como considero que debe ser?.

O papel da enfermería no eido da avaliación das tecnoloxías sanitarias é importante mais depende da formación específica que se poida adquirir nas ferramentas e habilidades específicas deste campo; non cabe dúbida que o traballo continuado a pé de cama proporciona a capacidade de avaliar moitos elementos tecnolóxicos que, se cadra, son de ‘pequeno calibre’ mais que poden brindar grandes rendementos ó conxunto do sistema polo extenso do seu uso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input