Non me teño eu por defensor único e univoco da democracia ou da liberdade pois recoñezolle a cada persoa o dereito a ter a súa opinión mais, xa que logo, a obriga de defendela con argumentos.
Así pois eu opino que as eleccións ó pleno e ó comité executivo do consello de colexios profesionais de enfermería de CyL están viciadas de orixe e non son lexítimas pois unha parte das persoas que actuaron como representantes dos seus colexios non teñen lexitimidade para facelo. Os representantes do meu colexio en León.
O Colexio de enfermería de León tentou realizar eleccions mais estas foron paralizadas pola xustiza pola kafkiana circunstáncia de seren membros da mesa electoral persoas que participaban nunha lista. Que eu saiba, esto non se resolveu por via democrática e os actuales membros deste colexio, para mín, viñeron do espacio...e iso que traballo con algun(ha) deles.
Pero, o que mais me indigna é que verdadeiramente ningúen se extrana que os órganos de goberno da enfermería autonómica sexan elexidos por un sistema doblemente indirecto que cercena calquer posibilidade de DEMOCRACIA na profesión. Non vou a entrar en andrómenas sobre de quen son amigos ou familiares os electos, calquer relación será tomada como "casualidade" outra cousa sería si se tratase dun 'complot xudeo-masónico ó servizo do roxismo separatista...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input