Galicia ven de sumarse de xeito efectivo ó grupo de comunidades que cumpre, por fin, de facto o que por dereito xa se indicaba na constitución e logo se desenrolaba na Lei Xeral de Sanidade: A participación cidadá na xestión dos servizos sanitarios públicos.
Trátase, para min, dunha nova co sabor amargo da tardanza; cunha segunda lectura moi clara: ¿entón ata o de agora cómo participabamos os cidadans e os gobernos locais na xestión da sanidade pública?... de tod@s é coñecida a importáncia da 'canle informal' na comunicación entre os centros sanitarios e os concellos ós que presta servizo; mais esa canle adoitaba a ser un mero sinalador de casos e circunstancias particulares lonxanas a unha auténtica participación; a que parte da información de recursos e necesidades, a que resposta con proposicions e vias de dialogo a que percura solucions para a poboación en xeral e servizos mais áxiles para tod@s.
Como curiosidade do publicado no DOG resultoume rechamante a mención da área do Salnes e a ausencia das áreas da costa da morte, barbanza e Monterrei-verín e voltei a constatar que hai persoas que se fan imprescindibles a forza de aparecer en cantas representatividades lles quedan ó alcance.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input