A nova revoluçao da enfermagem portuguesa...
Inicio con esta entrada o que desexo que sexa unha serie delas referidas ós diversos aspectos que puiden albiscar e "perceber" durante os dous días que estiven en Guimaraes para participar no I Congresso de Enfermagem Perioperatoria do Complexo Hospitalar do Alto Ave (CHAA).
Como punto de partida quero falar da situación da profesión do coidar na nación lusa.
A enfermeiría portuguesa tivera unha fonda reforma vai para 30 anos, mais aquel modelo dera xa todo o que podía e a profesión atopábase desmotivada e o número de efectivos disminuira até o punto de ter sido un dos mercados de traballo nos que se colocaron moitos dos enfermeiros españois dende mediados dos 90 ata vai pouco tempo e onde siguen a traballar (perto da 'raia') moitos profesionais españois.
Os actuais resultados son froito de pequenos pasos dados dende vai un pouco de tempo; así, vai 10 anos creouse e recoñeceuse a Ordem dos enfermeiros, o equivalente ó colexio profesional o que ten permitido á profesión autoregularse e ter unha voz oficial nas diversas institucions.Veu logo un traballo serio de analise de feitos e necesidades e unha toma de decisions que conduciron a unha primeira reforma na estructura da profesión, nun código deontolóxico recoñecido por tódolos profesionais e difundido nos centros de formación de novos titulados e nunha estructura de asociacions científicas-profesionais que escomenzaron a traballar no desenrolo das habilidades e coñecementos da enfermería nas suas respectivas áreas cun plantexamento ben estructurado e co respaldo da propia ordem.
Agora a ordem ven de negociar co ministerio de saúde a vindeira renovación dos planos de formación básica, especializada e a carreia profesional d@s enfermeir@s que ata o de agora non a tiñan recoñecida.
POLEMICA
O asunto pode traer certa polémica e, incluso, acabar nos tribunais europeos pois non só se esixe a inscripción obrigatoria na ordem (como en España no colexio) cousa que xa limita a competencia profesional e a libre circulación (e non o digo eu, senon a comisión nacional da competencia de España[.pdf]). Indo mais lonxe, se vai a impor un período e un ano de "práctica tutelada" tanto para os profesionais recen licenciados (a titulación de grao segundo o EEES xa está en marcha) como para as persoas que se queiran reincorporar ó mercado de traballo tras estar fora del un tempo. Claro que isto non é ben visto alí e senon leede estes comentarios; ¿e os titulados extranxeiros?. Semella que o recoñecimento obrigatorio dos títulos dos paises da UE non exonera desta 'práctica tutelada'. A min persoalmente non me parece nin ben nin mal, pero vexo que se vulnera o dereito de libre circulación e, sendo o caso, se terá que estar atentos a; por unha banda, responder coa recíproca non admitindo 'titulados provisionais' no exercicio profesional fora de Portugal e, por outra, dispoñendo os mecanismos de convalidación de títulos de modo que os títulos oficiais dos paises da UE teñan equivalencias que permitan verdadeiramente a libre circulación e o exercicio da profesión e non só unha equivalencia académica.
Quero destacar que a consecución dunha carreira profesional é un grande fito para a enfermeiría portuguesa porque até o de agora só a tiña recoñecida o persoal médico e virá a retribuir non a antiguidade (concepto que non foi facil facer entender) senon a PROFESIONALIDADE nas súas dimensions laborais, de auto-formación e de investigación-docencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input