- O envellecemento poboacional, a prevalencia de patoloxías de 'longo percorrido' que precisan coidados de media intensidade e teñen puntualmente episodios de agudización que provocan estancias longas e uso intenso de tecnoloxía diagnostica e medios terapeuticos.
- O modelo de 'prestixio social' no que certa parte da sociedade se sinte 'obrigada' a ter mala sanidade (lenta, retrasada tecnolóxicamente sen atención hosteleira...) para que a teñamos tod@s e opta polos servizos privados sen seren conscientes dos seus sesgos e limitacions.
- O modelo de avance tecnolóxico que desenrola e 'obriga' a adoptar avances a prezos moi altos sen que esos prezos maiores teñan un reflexo en 'resultados en saude' a curto prazo senon que a tecnoloxía e os medios terapeuticos novos son 'amortizables' para os pagadores cando a difusión do seu uso conquire baixa-los prezos unitarios.
- A necesaria atención a grupos e lugares "fora de límites" o que provoca que a sanidade pública deba respostar a quen e alí onde a privada fai renuncia por que o volume de mercado non cubre os gastos estructurais.
Todo isto e mais ven recibindo resposta dende as luminarias da xestión política da sanidade pública fai xa 15 - 20 anos. Non estou a descubrir ningúnha pólvora que o señor Abril Martorell e o seu informe non puxeran enrriba da mesa pode que co único fallo de non contar coa presión que a tecnoloxía da información introduciría no desenrolo dunha faceta do gasto que, ben estudada, pode ser fundamental para mellora-la xestión e rendemento do sistema mais que tamén representa un incremento do mesmo pola súa pronta obsolescencia e a escasa planificación-coordinación mostrada ata o de agora (que semella haber uns indicios esperanzadores).
A forma desa resposta variou entre moitas opcions; iniciandose case invariablemente pola externalización de "tódolos servicios non esenciais" como a limpeza e a lavandería e seguindo pola hostelería (tanto ó público e persoal como ós doentes), o mantemento das instalacions etc. mais nesto xa atopamos polémica pois son moitas as opinions e poucos os estudos ó respecto de si esta opción non foi mais ca un "balons fora" e, sendo así, si esa opción realmente externaliza os problemas. A resposta é que NON.
Cando os servicios externalizados teñen algún inconvinte a súa repercusión é para o centro público; as folgas, falla de fondos e de persoal etc. acaban repercutindo nas parcelas do servizo externalizadas e a administración en cuestión ten que "mediar" poñendo mais cartos na concesión.
O mesmo servizo, con condicions escritas férreamente seguidas custa entre un 10 e un 15 % mais (segundo se trate de si implica transporte de bens ou non). A vantaxe, si un traballador 'dá problemas' nun área o responsable pode facer que o trasladen a outra.
Sobre a concertación habería todo que dicir i eu teñovos que entrar a currar ás 8 así que pregunto ¿hai que concertar en áreas nas que se ten capacidade dabondo e recursos sen empregar?, ¿pódese concertar sen recibi-la responsabilidade do que se faga mal?, ¿si podemos concertar unha prestación concreta porque é eficiente qué impide concertalo todo?. A industria sanitaria que se desenrola ó redor dos concertos é importánte, e xera emprego si, mais ¿de que calidade e con que rendemento para o 'seguro público'?
A cesión de áreas de saúde enteiras a entidades privadas que se encargan da construcción de instalacions e do funcionamento das mesmas ó prezo dun canon por habitante cuberto mais as facturacions de mútuas de accidentes e funcionarios etc. é unha opción que se leva a experimentar xa dende hai uns anos e que leva precisado diversos 'axustes' que semellan 'fugas cara adinate'.
Nalguns sitios a cesión xa ten demostrado que aínda sendo completa (atención primaria, especializada e socio-sanitaria) o "problema" do déficit ou diferencial entre o gasto xerado por habitante e o canon que se lle paga á empresa concesionaria sempre volta ó tellado da administración.
O negocio do aseguramento privado é, repito, importante mais non pularía se non fora polas fontes de financiamento que recibe dende a administración en forma de concertos, mutualidade de funcionarios, asunción de fallos (de cobertura) e sesgos (grupos de idade e patoloxía) e se debe á súa imaxe de prestixio social e a rápida adquisición de tecnoloxía a prezos prohibitivos que logo se amortiza contratando ese servizo ó aseguramento público.
Non cabe dúbida de que a prestación privada axuda e seguirá axudando a que casos que tardarían fatalmente en seren diagnosticados e tratados acaden atención "en tempo" para a recuperación rápida. Outra cousa é si se debe permitir ese "atallo" para uns e non para todos. E si o custe é asumible para o noso nivel de impostos.
A xestión con xeito privado non é garante da aplicación de novas ferramentas que centren a atención nos grupos que maior carga de traballo demandan... (artigo de acta sanitaria sobre Kaiser Permanente)
A sanidade pública precisa adaptacions e precisa que os propios traballadores crean nela asumindo modelos de motivacion reais que se liguen a contención de gasto, racionalización e planificación da asunción de novas tecnoloxías para conquerir incrementos verdadeiros no rendemento do patrimonio estructural que se ten.
Hai 20 anos a reconversión industrial foi traumática porque as forzas sindicais e políticas viviron de espaldas á realidade ata estaren ó borde do precipicio. Agora toca a reconversión dos servizos; estase a escomenzar polos servizos 'novos' como a atención á discapacidade no que o marco normativo adoptado xa "abre cancha" a formas de provisión innovadoras. Hai que debatir agora sen dogmatismos para acadar unha sanidade con futuro.
Artigo de público sobre a sanidade en Madrid e Valencia
Artigo de público sobre a sanidade en Canarias
Artigo de público sobre a sanidade en Galicia
Artigo de A voz sobre as listas de espera en Galicia
O modelo de asistencia sanitaria segundo Cayetano Rodriguez e acta sanitaria
O modelo de concesión segue avanzando en Valencia
O hospital privado como producto de consumo
A xestión do investimento externalizada en Asturias
Crecemento do sector privado
Explicas perfectamente la situación en nuestro país. Creoque en general la población tiene un gran desconocimiento sobre los servicios de salud privados por nuestra corta experiencia, de los servicios públicos saben que cuando tienen un problema grave o importante allí son bien atendidos.
ResponderEliminarLa parte que desconocemos y que me contaba un vecino el otro día es que por ejemplo sus padres que han estado en una Compañia de Salud toda su vida ahora que son mayores directamente "no los quiere", solo les cubre determinados problemas, una gran parte queda a su entero pago(atención privada) quésignifica esto,que estas empresas no van nunca a perder dinero.
En un modelo privado como el americano la clase media es la más afectada. LOs pobres de solemnidad tiene la atención de beneficencia,etc (Serie de TV Emergencias),los ricos se pagan los mejores hospitales y tratamiento,laclase media tiene firmados unos seguros que cubren solo una parte de los servcios y a veces no pueden abordar estos.
Deberíamos reflexionar como comentas
Saludos