COIDADOS PALIATIVOS NA UE.
Recentemente acta sanitaria publicou unha reseña da 'parte española' do informe que sobre os coidados paliativos na UE encargou o comité de medioambiente, saúde pública e seguridade alimentaria do parlamento europeo (.PDF en inglés 1Mb). Eiqui vos traduzo unha parte que me resultou de interés ó fio do que opino sobre a situación das especialidades de enfermería na UE.
A Preparación das enfermeiras:
Mentres que a evolución da preparación xeral da enfermeira en Europa occidental se ten enfocado dun xeito mais académico (dende unha aproximación baseada en habilidades), segue a ser esporádica nos países do leste, ó chou e inconsistente; o mesmo é certo para o adestramento da enfermería en coidados paliativos. A pesares de que a importancia da enfermería no desenvolvemento histórico do movemento de coidados paliativos é incuestionable(1), ten habido poucos intentos de especificar e defini-la formación precisa para esta disciplina. O concepto de Enfermeira especialista en coidados paliativos ou Enfermeira de coidados avanzados, que ten demostrados resultados en termos de beneficios para os doentes e o sistema(2), non está ben desenvolvido fora do RU e Irlanda. Outros problemas como a mobilidade persoal, o acceso a materiais de aprendizaxe e á literatura (a maior parte das veces dispoñible só en inglés) e a falla de perspectivas de carreira tamén limitan o desenvolvemento.
Dito isto ten habido algúns desenrolos en educación de enfermería paliativa a nivel europeo en liña cos obxectivos do enfoque baseado na definición da OMS (2002)(3), incluíndo as directrices EAPC para a educación de enfermería paliativa(4). Estas ofrecen suxestións sobre o contido, os coñecementos e as habilidades precisas para acadar un certo nivel de práctica e serviron de base para a educación pre e posgraduada en 11 países da UE incluíndo Holanda, Bélxica, Italia, Francia e Luxemburgo. Dos niveis suxeridos polas directrices EAPC (básico pre e posgraduado, posgraduado avanzado i especialista) só o primeiro é doado de acadar para os estudiantes de enfermería. Ademais, a importancia da posición dos coidados paliativos no curriculum é moi variable en termos de número de horas, contido e a experiencia do docente. Evidentemente, a avaliación da educación dos coidados paliativos segue sendo débil o que fai preciso un rigoroso programa de investigación neste eido.
Segundo as directrices EAPC as enfermeiras de coidados paliativos deberían demostrar competencia en cinco dominios da práctica enfermeira; o doente, a familia, o traballo en equipa, os aspectos sociais do coidado e a relación coa estructura local do sistema sanitario. A educación avanzada debera ofrecer simultaneamente unha exposición profunda ós elementos teóricos e clínicos da disciplina, tendo en conta a necesidade de auto-conciencia como profesional fronte á morte dos demais e o seu impacto, a necesidade de canles claros de comunicación e unha dimensión ética na que basear a mellor práctica de coidados paliativos. Para demostra-la súa competencia a enfermeira en coidados paliativos debe ser capaz de demostra-la súa capacidade para observar, avaliar, xerar unha resposta ás necesidades do doente e avalía-lo seu éxito ou fracaso en tódolos casos i tódolos niveis, segundo a súa experiencia e formación.
O desenrolo de habilidades debese enfocar (no nivel básico) nas medidas de confort que deben ser tomadas para aliviar e suavizar, preferible a tratar, por exemplo, a atención ó coidado da boca, a posición, a atención ás áreas de presión e o balanzo de fluídos. É particularmente importante desenvolver a educación a este nivel no xeito mais cohesionado. A chegada de internet e a formación en liña mostrase como unha ferramenta útil –unha enfermeira educadora do RU desenrolou un existoso programa en liña para enfermeiras que traballan en países en desenvolvemento- no nivel avanzado (é de notar que o nivel B da directriz foi desenrolado tendo en conta as necesidades da enfermería que debe actuar como persoa de referencia local así como alguén que traballa en áreas clínicas non especializadas) debería haber un crecemento mais forte en tódolos aspectos clínicos da dor e o manexo dos síntomas e o tratamento, estas habilidades deberían practicarse en unidades de coidados paliativos e basearse en grados de autonomía e na capacidade de tomar decisións clínicas independentes de outros profesionais.
A un nivel europeo, un compromiso cos educadores da enfermería sobre o desenvolvemento dun currículo que de resposta ás necesidades das enfermeiras e ás de coidado dos doentes e usuarios do servicio é o seguinte chanzo de un programa integrado de educación de enfermería en coidados paliativos en Europa.
(1)Clark D editor. ‘Cicely Saunders Founder of the Hospice Movement Selected Letters 1959-1999’ Oxford: Oxford University Press, 2002
(2)Larkin P. ‘Nurses and Nurse Practitioners’. In: Walsh D et al (eds.) Palliative Medicine. Philadelphia: Elsevier, 2007
(3)World Health Organization. ‘Definition of palliative care 2002’ Available from: URL: http://www.who.int/cancer/palliative/definition/en/print.html
(4)Larkin P. ‘Developing a nurse education network across Europe’. Int J Palliat Nurs 2005; 11:420-2.
Farei os oportunos apuntamentos nunha vindeira entrada.

1 comentario:
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Enlazar nuestros blog
ResponderEliminarEstimado compañero.
He visto tu blog y quiero felicitarte por ello, así como comentarte que lo he agregado al mío ( enfermeriaenlared.blogspot.com ), al igual que iré haciendo con aquellos blogs relacionados con nuestra profesión para entre todos darnos mayor visibilidad e influir para que cada vez más profesionales den el paso.
Te pido por tanto que si te parece bien me agregues a tu lista de blog de enfermería.
Seguiré tus post.
Un saludo y mucho ánimo.
--
lola Vellido