Foivos boa a que se armou onte en Salamanca; segundo a prensa a OPE do Sacyl esta suspendida pola "utilización de un movil por parte de un opositor". Mais segundo múltiples relatos dos que aquelo padeceron non sería de estranar que o devandito opositor estivese a emprega-lo mobil para chamar ó seu avogado.
O caso foi coma segue: Estaban tod@s convocados ás 9:00 nas facultades da universidade de Salamanca. Ás 8:45 chegan ós funcionarios encargados de supervisa-lo proceso sabendo, xa dende facía tempo, que á proba escomenzaría ás 11. As portas das facultades están pechadas e toca agardar. Cando por fín abren @s opositores atopan que deben dar voltas ós edificios para atopa-la porta correcta; chegas ás aulas e van sendo "enlatados" nelas cóbado con cóbado (i eso que falta xente). Logo xa; o despipote, nalguha aula non chegan os exames para todolos opositores, noutras a caixa ven sen precinto, Non existen varios modelos de exame; senon un mesmo exame para tod@s o que unido ó "posicionamento estratéxico" (uns cáseque enriba dos outros) provoca a 'posta en común' das respostas. Logo están os "extranos casos"··· bueno, que xa se fala por ahí adiante de "exames cubertos".
Con todo este rebumbio ¿quen non colle o mobil para chamar?: "Cariño, non me agardes que isto vai para longo..." sería o menos que apetecería dicir. Tal é a confusión que ninguen fala do exame en sí. Todo un éxito sen dúbida; i é que 'pobriños' como era a primeira vez pois xa se sabe que a primeira vez nen os broces sabe un sacar.
Dúas mellor que unha
"Os camiños do señor son inescrutables" seica dician os curas nos colexios cando os espabilados rapaces lles preguntaban polas evidentes contradiccions da vida. Así debéramos pensar os que nos achamos baixo a sombra dos procedementos administrativos e os seus misterios.
Pode ser casualidade que o Sacyl publique a resolución provisional do concurso de traslados o mesmo día que a segunda volta da Santaopextraordinaria?... Pois será; pode ser que en ámbalas dúas se produzan outras 'desgraciadas coincidéncias'?; tamén.
Ainda que a trompicons e con mais furados que un abrigo vello o eterno proceso extraordinario vaise achegando ó seu remate. ¿aprenderíase algo de todo esto?, pois VSQN.
Nin vou enlazar as listaxes, ¿para qué? si mañan publicarán nun taboleiro unha corrección.
Do tema da incorporación provisional dende a exedencia voluntaria e o dos criterios de si o destino no centro de traballo se escolle no momento de tomar posesión ou ó incorporarse e si as persoas que xa tiñan praza no centro teñen "automaticamente" adxudicada esa mesma son outros deses misterios de deus que···

Conto "a cuenta"
Xa ahi un tempo que algún sindicato o sinalara nos taboleiros e carteis infractores (mira que custará por un taboleiro en cada descansiño dos ascensores) que a administración ia a facer isto mais eu que son un incrédulo dixen: "si e o pagan os reis magos" mais o certo é que nestes días chegou a instrucción dende Valladolid para por en marcha o prazo de solicitude do acceso extraordinario ó grao I da carreira profesional para os traballadores estatutarios fixos do Sacyl pagadeira dende o 1 de xaneiro de 2007 como cantidades "a cuenta".
Non me debo queixar; son cartos extra ou como dí o facho que me alumea "a suba que nos merecemos" sen ter que facer ren mais. O que me sulfuriza non é que se tarde mais ca noutros servizos de saude ou que se pague menos ca neles; o realmente importánte xa o sinalei en Marzo de 2005 cando lein o primeiro borrador, un ano dempois ante un acordo firme entre administración e sindicatos fixen unha proposta de mellora en aspectos básicos para a motivación e a eficacia do sistema. Non só non se seguiu unha senda cara a esa maior motivación senón que, dende o meu punto de vista, se camiñou ó contrario.
Trátase, sen dúbida, dunha opinión que me vai xerar inconvintes ou incluso enemistades; mais non me quero esconder i é que supoño que o motivo de tomar este camiño ten mais que ver con presións que NON se ven que coas que se ven e supoño que algún día saberemos en que cederon os sindicatos de clase ou que silenciaron co troco de que tódalas categorías do Sacyl cobren a carreira.
Si, eu opóñome a que categorías "non sanitarias e non academicas" cobren estes 'quinquenios encubertos' polo mesmo que me opoño á non reversibilidade (da que sei que algún día me beneficiarei): Porque pervirte o verdadeiro fin do sistema de carreira profesional que é a motivación. E a pregunta que lanzo ó aire é ¿que obriga de actualización de coñecimentos, de traballo de calidade ou de implicación no I+D+i ten esoutro persoal?...
Non vou a por unha categoría para que non se tente focalizar o tema mais SI podo dicir e os sanitarios o entenderán que si sae un aparello novo -por exemplo un aparello que faga unha hematimetría coa mesma facilidade que unha glucemia- a enfermería APRENDERÁ a empregalo a pesares das trabas e a incompetencia que a administración soe mostar coa formación continuada do seu persoal; chegando ó extremo de adicar parte do seu tempo libre a documentarse e ler sobre o tema do que se trate. En troques cando o aparello se estropea i está fora de garantía "hay que enviarlo a la casa" porque algúen NON SABE e NON APRENDEU. Se hai unha mesa nova nun quirófano ou unha camilla nova en urxencias ten a enfermería (polo menos a supervisión) que explicarlla ós encargados da súa movilización... porque eles non teñen porque sabelo se non se lles explica. etc. etc.

Mais da OPE
Como o tribunal ou a autoridade competente publicou unha "rectificación de erros"[.PDF] o cal é curioso, eles SI poden rectificar; os curritos NON...bueno, que con esa rectificación os prazos alónganse unha semana mais. Xa me gustaría a min saber que sucedería a calquera de nós nos nosos postos si cometésemos erro tras erro que precisase rectificacions.
O colexio de enfermeria pasa de puntillas sobre a situación creada citando apenas a iniciativa do blog referido no seu "diario enfermero" (nº79) sen se mollar o mais mínimo e o 'grande sindicato profesional' olla cara outra banda lanzando agora unha campaña para que solicitemo-la especialidade pola vía extraordinaria os que teñamos os méritos precisos; o que resulta contradictorio dende o meu punto de vista pois si enviamos unha avalancha de solicitudes o ministerio terá menos recursos para 're-matar' a OPEx e sementarase un medo terrible entre as administracions autonómicas que serán as que deberan proveer e pagar as prazas deses futuros especialistas e que presionaran (se non o están a facer xa) para que NON sexa doado conqueri-lo título. Mais se vos fixades na portada da páxina do sindicato os 6000 excluidos non existen para este sindicato.
Visto o visto e como falar é 'jratis' atrevinme a facer dúas entradas no citado blog; unha sinalando os tanteos a realizar para olla-la verdadeira forza do colectivo afectado e os apoios que pode acadar e tentando aportar algo de información sobre o tema.
E outra facendo a seguinte PROPOSTA de solución "salomónica" para desfacer este entuerto.

PROPUESTA
1- Incorporación inmediata de los adjudicatarios en 1ª ronda; porque aún está por explicar por qué los facultativos SI se incorporaban según se iban cerrando sus rondas y el resto de categorías NO.
2- Paralización del proceso descartando las solicitudes pendientes y las realizadas en este segundo plazo.
3- Emisión de un critério único de admisión de los reingresos provisionales de los declarados “excedentes voluntarios”; porque en algunas comunidades se ha comunicado que habrá ‘carta blanca’ y en otras que sólo se aceptaran tantos reingresos como plazas afectadas por la OPEx queden sin cubrir…
4-Elaboración de un procedimiento presencial o electrónico transparente y justo que impida duplicar peticiones y/o dejar plazas sin pedir.
5- Convocatoria de 2ª ronda sólo para fijos.
6- Resolución e incorporación de estos.
7- Elaboración de un listado de plazas resultantes.
8- Convocatoria de 2ª ronda para todos los procedentes de la “expectativa de destino” adjudicatarios o no en la 1ª ronda con la salvedad de pedir únicamente las plazas en las que se esté interesado.
9- Resolución e incorporación de los que obtengan plaza.
10- Elaboración de nuevo listado de plazas resultantes
11- Convocatoria de 3ª ronda para los no adjudicatarios procedentes de “expectativa de destino” con la obligación de pedir tantas plazas más una del puesto que ocupen.
Novas fronteiras
Xa fai tempo que tentei (sen éxito) facerme cunha homologación do título de especialista cirúrxico pola AORN (Asociación ameriacana de enfermería cirúrxica) pois é a mais forte das asociacions do meu campo de traballo no mundo e, daquela, coidaba que os títulos e certificados obtidos con constacia e traballo eran os que abrían as portas a mellores oportunidades laborais. Cando facía iso algúen me preguntou si sería dabondo parvo para ires a traballar ós USA e lle respostei que NON que só quería o título porque constituia unha proba independente da cualidade dun profesional e que as miñas aspiracions profesionais rematan onde escomenza a verdadeira vida; ás 15 horas de luns a venres.
Mais lendo esta serie de artigos de 'A voz' non estaría mal reconsidera-lo tema. Como xa reflexei noutro post este ano fixen 15 como enfermeir@, levo 8 traballando en quirófano de mañans con praza e con 5 trienios e os ingresos da futura carreira profesional (como máximo grao 2) acadarei os 28000 €uros anuais; moi lonxe polo tanto dos 40000 como mínimo que ofertan os hospitais americanos.
Claro que esa é unha "oferta con trampa"; en primeiro lugar tes que facerte co certificado profesional, "currarte" a lingua pola túa conta e pagarte o aloxamento e a manutención alí. Mais sí que constitue un reto interesante e, dende logo, unha oportunidade para que non teña mais atadelas que as dos seus zapatos.
E, ¿que haberá que facer para chegar ós 120000 $ anuais que ofertan como máximo?. Dende logo moitas horas de curro e moi alta capacidade de asimilación.

Manobras ou "tarde piache"
Na anterior entrada deixei sen comentar un tema verdadeiramente inquedante e que se enlaza co comentado na anterior...
Eu deixei esta opinión:
O que sí semella claro e que hai "tocata a carpetazo" e que os que recibiron a lotería da admisión dos seus recursos e conquiren praza no centro desexado xa poden voltar á porse de baixa (ou liberarse) tranquilos.
Dado que moitos servicios de saude implicados neste longo, cáseque eterno proceso, teñen enviado "globos sonda", incluso notas internas asegurando a admisión de tódalas solicitudes de reingreso provisional que se produzan por mor das exclusions e declaración en exedenciaI é que o SACYL ven de sacar unha orde na que dí que só admitirá o reingreso provisional dos exedentes da OPEx por tantas prazas como 'sobren' deste proceso. Esto estaría ben si na mesma orde ou nunha de rango superior se explicitasen os mecanismos de prelación para eses reingresos provisionais nese número restrinxido de prazas; non esquezamos que as persoas que non sexan readmitidas pasarán ó PARO. A orde non explica canto tempo terán que agardar os "exedentes voluntarios" para poder solicitar novamente a reincorporación provisional xa en condicions normais (isto é á 1ª vacante que xurda no área de saude). Bueno, eso: Outro clavo nesa cruz.
Reacción tardía
Evidentemente entre 5000 persoas en todo o estado existe tal diversidade de situacions e reaccions que era de agardar que algúen quixese ter "dereito ó pataleo"; tal é o caso de Angel Muñoz que na súa raiba por ter sido "declarado exedente voluntario" (¿falamos xa da flagrante contradicción deste termo?) ven de publicar un blog (http://ope2001.cholloblogs.com) no que invita a toda a enfermería a dar a súa opinión empregando in nada recomendable método de difusión como son os correos non solicitados polo que xa ten recibido veladas ameazas por parte dos sinalados coma culpabeis deste despropósito.Eu deixei esta opinión:
Sé que hablo desde el privilegio de tener nombramiento (última OPE insalud), pero creo que los realmente culpables fueron los que embarcaron a todas las categorias en un proceso que iba a resolver un problema de una categoría que llevaba 12 años sin oposiciones. Yo y tantos otros teníamos pagada la convocatoria de 1998 (para 1ª) que anularon sin devolver el dinero; en estos 5 años ya se habría concluido aquella y otras 2 más con el INRI añadido de tenernos a TODOS atados a un proceso eterno pues, en muchas comunidades no se han ni convocado traslados a cuenta de esta OPE.Outros dos 'sinalados' botanlle a culpa ó PP sen lembrar que eles se sentaron nunha mesa de negociacion e nuns tribunais e non fixeron nin enquisas de aceptación entre os seus afiliados (que sería o minimo si fosen algo democráticos) nin entre os traballadores en xeral; e, dende logo, non fixeron nengunha movilización nin antes nin durante o proceso.
El procedimiento de elección de plazas se pudo hacer más transparente si se realizase mediante una aplicación informática (Como en el SACYL) que impedía que dejases códigos sin colocar.
Ahora votad a los sindicatos “enfermeros” que van en las mismas listas que otros que sólo miran su interés y cuyos cargos se acaban -inexorablemente- pasando al carro de la gestión (vamos, al otro bando) y todos bien colocaditos. O apoyad el pago de cuotas colegiales para que tres espabilados que ni se sabe cómo fueron elegidos convoquen manifestaciones por “especialidades fantasma” mientras este problema, real y masivo, es pasado ‘de puntillas’.
Cada profesión tiene lo que sus profesionales acaban mereciendo
O que sí semella claro e que hai "tocata a carpetazo" e que os que recibiron a lotería da admisión dos seus recursos e conquiren praza no centro desexado xa poden voltar á porse de baixa (ou liberarse) tranquilos.
Remordimento
E será por ese motivo que o Satse abre agora unha reivindicación sobre o acceso extraordinario ás especialidades? deixando iso sí a reivindicación esencial: Que se publiquen XA os criterios polos que as administracions van a crea-las prazas deses especialistas e cómo se van a cubrir provisionalmente até que se fagan Oposicions ás mesmas; porque ¿para qué un título se non se pode exercer?. Non é cunha avalancha de solicitudes de acceso extraordinario co que as administracións van por en marcha as especialidades, senon coa necesidade definida de profesionais especialistas para exercer certos postos dentro dos centros sanitarios e dado que temos 17 administracions sanitarias hai que ir collendo este tema EN SERIO.Case mellor...
Bueno; por fin houbo algunha novidade no tema da Santa Ope extraordinaria e saiu a lista definitiva das primeiras asiganacions. Tal e como foron as cousas nas outras categorías non teño mais queixa que a que poden ter os que se teñen que ir colle-la plaza (un agasallo nada desdeñable) lonxe de donde agora moran cando nese lugar saen moitas (moitísimas) prazas á segunda rolda.
I é que cada vez vexo mais claro que esta OPE só se debeu celebrar para as categorías que levaban mais de 10 anos sen acceso á condición de fixo. Nos 5 anos que leva este proceso xa se podían ter feito 2 procesos normais completos (traslado+OPE) sen este 'tejemaneje'.
En fin, que remate dunha vez que a este paso algunha xente no canto de ires a coida-los fillos vai coida-los netos.

Recurrir non é emendar
Co galo da publicación da listaxe definitiva da 1ª volta da provisión da OPE (categoría AE), na que non se aceptan mais do 10% das reclamacions presentadas polos 3000 excluidos ;causados maioritariamente polo complicado sistema de petición de destinos e pola obriga intrinseca de pedir tódolos postos convocados para non seren declarados en exedencia voluntaria, veño de observa-lo matiz ó que se refire o titulo do post.
Dado que moitos servicios de saude implicados neste longo, cáseque eterno proceso, teñen enviado "globos sonda", incluso notas internas asegurando a admisión de tódalas solicitudes de reingreso provisional que se produzan por mor das exclusions e declaración en exedencia referidas no parragrafo superior a administración e a empresa encargada da parte técnica do proceso teñen optado por non admitir mais que as reclamacions nas que "se poda probar erro por parte da administración".
Esta actitude pode semellar inxusta polo farragoso do proceso que implica (no caso dos DUE) escribir 6000 códigos de destino en 15 folios; o normal é que "baile" algún número ou letra mais.... Houbo xente que o fixo ben á primeira (tanto do traslado como da OPE) e hai moita xente que non presentou reclamación (até un 20%) polo que sobretendese que optan polo reingreso provisional.
No medio está a xente que leva 5 ANOS de proceso (entre oposición e provisión) que se molestou en cubri-la solicitude e o recurso coa esperanza de que a administración non pensase que querían emendar a primeira petición... mais como nos exames un non pode modifica-las respostas que nel puxo semella que nesto tampouco se vai poder troca-lo pedido para ben ou para mal.
Agora ven o "Rio revolto" pois moitas comunidades teñen traslados 'propios' en marcha e non se sabe que vacante corresponde a que proceso; é mais, nalguhas levan tempo sen adxudicar interinidades á espera de que se peche esto para ter onde 'colocar' á xente que lles quede no camiño. ¿Que tal se vos dá a pesca?.

O anúncio
A conto do inicio do curso...
Supoño que se trata dun anúncio vello, mais a mín chamoume a atención. Promociona unha marca de coche falando da teoría das necesidades de Maslow; si, aquel tremendo rollo que conseguía valeira-la clase nos tempos da escola de enfermería. I é que sendo novos sempre se ten moita inquietude polo que se coida vai resultar práctico e útil, quedando a teoría que o sustenta ou as explicacions dos fundamentos do que realmente acontece ó teu redor como algo secundario.
A clara orientación práctica do traballo da enfermeiría sempre me levou polo camiño das técnicas, dos aparellos e da 'acción'; deixando a interacción co doente e acompañantes como algo secundario, incluso molesto.
Grave erro, o de quen coida que a atención ás necesidades da saude física pode separarse da necesaría atención a outros aspectos e necesidades de quen padece. A iteracción entre a dor física, por exemplo, e a preocupación ou o medo é de tal calibre que en ocasión pode resultar mais doado "sofronizar" a algúen de que non padece un mal a, realmente, curalo do mal no sentido médico do termo curar.
O longo dos anos unh@ enfermeir@ se decata de que moitos doentes están dispostos polo seu estado de ansiedade, de medo, de descoñecemento... a deixar que nos ocupemos até do mais mínimo detalle das súas necesidades; o maís clásico e o tema da protección pero seguro que moitos outros veñen ás vosas mentes en canto caviledes nelo. Cando un pasa a traballar nun área tan técnica como a cirúrxica sempre ten a sensación destas fora destas movidas. Que lonxe da realidade se pode vivir. Unha persoa que vai ser intervida cirúrxicamente (sobor de todo si 'el enemigo' está por medio) se atopa nun dos estados de desprotección mais fondos que se coñecen; non hai mais que mirarlles ós ollos.
Empatizar con estas persoas pode describirse con moitos obxectivos, moitos procedementos, moitas verbas... a min só se me ocurre: Necesário.

Xa está eiquí
No SERGAS xa están enviando as cartas de recoñecento do primeiro grao da carreira profesional e o pagamento (non nos enganemos é polo que imos a traballar) chegará a final de mes.
Trátase, claro, só do primeiro grao. Até Xullo do 2007 non se abrirá o proceso para o recoñecento do segundo grao. Sego opinando que este xeito de carreira non motiva a mellorar na práctica diaria nen fomenta o traballo de inovacion e investigación básica. Nas conversas que teño sobre o tema moit@s compañeir@s coinciden en que se trata dun xeito encuberto de aumento de sueldo (eso si, restrinxido) para mante-la capacidade adqquisitiva. Pode, mais coido que se está a estragar unha ferramenta moi útil para dotar ó sistema administrativo de mecanismos de motivación e recoñecemento das actividades que mais precisa tal e como pasou coa productividade ainda que esta xa escomenzou cun erro na súa denomianción...
No canto da santaopextraordinaria segue o cachondeo; a derradeira é a eliminación das listaxes provisionais e os conseguintes periodos de reclamación nas roldas "a resultas" co agravante de manifestar na derradeira xuntanza da "comisión para a resolución" que
Pola súa banda o SACYL semella estar a xogar ós malabares coa enfermería pois mentres que en outras categorías o concurso está xa resolto e o persoal incorporado en ATS/DUE non se publicaron nen as listaxes provisionais; preguntados ó respecto din:

"Se estudiarán todas las reclamaciones y se resolverán de acuerdo a los criterios que marca la Ley"Como si até o de agora non se fixera así...Lembrarvos que na categoría de ATS/DUE hai 3000 reclamacions... polo que podemos ir encargando o turrón.
Pola súa banda o SACYL semella estar a xogar ós malabares coa enfermería pois mentres que en outras categorías o concurso está xa resolto e o persoal incorporado en ATS/DUE non se publicaron nen as listaxes provisionais; preguntados ó respecto din:
"Actualmente se está en proceso de comprobación de las solicitudes recibidas(??). Una vez finalizado el mismo se publicarán los listados provisionales. No hay fecha determinada"Eu, ainda que non entendo que teñen que comprobar solicitudes feitas cunha aplicación que colocaba os códigos das prazas solicitadas e xeraba uns puntos de lectura para automatiza-lo proceso, coido que 4 meses son mais ca dabondo.
Visor de Veas
Podería soar a broma ou a ciencia ficción, mais xa é unha realidade e pode que teña moita utilidade.
¿Cantas veces tendes que atender a doentes ós que cáseque non se lle aprecian as veas?, ¿cantas vias "importantes" (via central etc.) se puncionan mal por esa dificultade de visión?. Luminetx, empresa de Memphis (Tennessee,EEUU) ven de lanzar ó mercado o VeinViewer un aparello que proxecta sobor da zona da pel elexida un 'mapa' en tempo real dos vasos sanguineos desa zoa da pel.
O principio de funcionamento fora presentado xa en 2004 e velaqui unha traducción caseira do artigo:
A empresa dí que ten utilidade clínica para centros de doación, laboratorios clinicos, Unidades de ciruxía estética e vascular, centros de dialise, unidades de coidados críticos e servizos de oncoloxía, neonatoloxía e pediatria. Ainda que haberá que espera-la opinion dos organismos de avaliación das tecnoloxías sanitarias e a autorización da UE antes de termos que nos plantexar paga-los 25000$ (19750€) que piden por cada aparello.

NOTA DA PRESENTACIÓN DO PROTOTIPO DO VEINVIEWER
“Para pinchar unha vea correctamente debese facer no lugar axeitado” di o inventor do dispositivo, Herbert Zeman, un enxeñeiro biomédico da universidade de Tennesse en Memphis. “Se non puncionamos no centro a vea só se estira”. Zeman fará unha demostración do dispositivo na conferéncia óptica de Rochester, Nova Iorque. O prototipo leva unha cámara que capta a radiación cercana ó infravermello para capturar un vídeo en tempo real das veas do doente, un ordenador persoal realiza o contraste da imaxe e un proxector de escritorio proxecta o resultado para mostralo sobor da pel en tempo real.
Unha serie de LEDS de cercano ó infravermello que rodean a lente da cámara iluminan a pel nunha lonxitude de 740 nanómetros. Esta lonxitude de onda e absorbida polo sangue, mais é dispersada polo tecido circundante. Como resultado as veas e o sangue semellan escuras.
A imaxe da cámara envíase a un PC cun software que as procesa e traza un mapa da imaxe nun fondo verde brilante aumentando o contraste entre as veas e o tecido circundante. O PC envia esta imaxe a un proxector que o emite sobre a pel do suxeito.
O dificil foi asegurar que a imaxe das veas é proxectada exactamente no lugar que lle corresponde. Pois de facelo incorrectamente o sistema é peor que inútil. A clave é o dispositivo chamado “espello quente” que é transparente á luz visibel, mais reflexa as lonxitudes de onda infravermellas
O proxector de vídeo e a cámara colocanse a 90º o un do outro afrontando o espello que se coloca nun ángulo de 45º de ámbolos dous. Dempois de calibración asegúrase que o marxe de erro é de 0,06 mm.
A empresa dí que ten utilidade clínica para centros de doación, laboratorios clinicos, Unidades de ciruxía estética e vascular, centros de dialise, unidades de coidados críticos e servizos de oncoloxía, neonatoloxía e pediatria. Ainda que haberá que espera-la opinion dos organismos de avaliación das tecnoloxías sanitarias e a autorización da UE antes de termos que nos plantexar paga-los 25000$ (19750€) que piden por cada aparello.
A catástrofe humanitaria que se aveciña
Sei que hai organizacions sociais e colectivos que levan tempo alertando do que vou a falar e, podo ser acusado de oportunista, mais o certo é que só temos que ollar para a pirámide poboacional e sacaremos a conclusión de cal vai ser a maior catástrofe humanitária en Galiza nos vindeiros anos...
I é que o 13% dos galegos ten ó seu cargo unha persoa dependente (segúndo a estatística oficial) e, ollo, estamos a falar de persoas entre os 15 e os 65 anos; un total de 84300 ós que habería que engadir unha boa parte dos 590000 maiores de 65 anos que habitan no pais tamén segundo os datos do INE, e os "retornados" que voltan para pasar os seus derradeiros días na terra que os botou ó mundo e para fuxir dos sistemas antisociais de certas zonas do mundo.
Todo elo está ahí convivindo conosco tódolos días mais os médios de comunicación só reflexan a chegada constánte de outras persoas que fuxen tamén da miseria, da guerra e da inxustiza deixando este drama como algo cotián e soterrado.
As administracions e a lexislación seguen a ir por detrás dos problemas dos cidadans guiados polo emprego electoralista que os grupos de poder fan do seu músculo mediático e polo escaso senso de planificación estratéxica cos nosos dirixentes imposibilitados de pensar mais aló de 4 anos porque o que aconteza maís aló xa non o sinten como responsabilidade própia.

Tomadura de pelo comprometida
Fai un ano xa nos fixeron unha cabronada ó convocaren a fase de provisión no mes de Xullo; agora co galo de non sei que compromiso sacan a toda prisa unha listaxe na que 5000 persoas (o 90% das persoas en expectativa de destino) saen excluidas "POR NO HABER RESEÑADO EL NÚMERO DE PLAZAS DEBIDO" co cal a listaxe é absolutamente PROVISORIA e non merece mais ca unha ollada de desprezo.
1600 son moitas referencias como para non cometeren un erro na súa transcripción e coido que tanto para facer un escrito de rectificación como para facer unha nova instáncia os erros vanse voltar a repetir "a miles" só que nesa segunda ocasión o erro terá como consecuencia seren declarado en exedencia voluntária.
A santaopextraordinaria leva camiño de se convertir nun auténtico 'culebrón' que deixará pegada nunha xeración de traballadores da sanidade pública.

Fracaso dun modelo?, fracaso dunha xestión?, ¿fracaso?
O pasado día 21 asinouse "por unanimidade" o acordo entre a administración autonómica e as forzas sindicais para senta-las bases da estatutarización do persoal das fundacións e empresas públicas sanitarias co que semella pecharse unha etapa na prestación de servizos sanitarios públicos empregando estas figuras para a xestión de centros públicos.
Mais, ¿está pechado o debate?; ¿pode a estructura pública tradicional pestar TODA a asisténcia sanitaria pública?. Non son eu un 'gurú' destes temas mais coido que se está a desperdiciar por dogmatismo un mecanismo que ben empregado podería ser de grande axuda á hora de dar prestacions en situacions "raianas" como a escaseza actual (e mais futura) de facultativos especialistas e o acceso a tecnoloxías e técnicas punteiras.
O certo é que se cumpre unha das premisas do programa de goberno bipartito sen ambaxes nen trampas fallando, cecais, dende o punto de vista "purista", unha explicación de porqué o persoal laboral é 'integrado' sen facer as mesmas oposicions que o resto dos estatutarios... (que oposicions se fan mais...) evitando, coido, gran repercusión presupuestaria e asistencial.
Impide este paso a privatización da sanidade?: NON; todo o contrario o sector público desarmase e volta a "pelaxar coas mans (mellor dito cos papeis)" contra a flexible e ben engraxada maquinaria da sanidade privada, moi concentrada ela en tódalas prestacions que ofrecen 'valor engadido' deixando para a EXCLUSIVIDADE o que non é rendible. Exemplo: o novo hospital de Vigo que ainda non é mais ca planos e permisos mentras POVISA segue ampliando as súas intalacions. Outro caso é a puxanza dos servizos de Dialise, diagnose por imaxe e ciruxía maior ambulatoria nas que o sector público SI se rende ó privado. ¿U-los salva patrias da PDSP para por en albo o emprego masivo de medios privados para a disminución das esperas na sanidade pública? mentres temos hospitais con PLANTAS enteiras pechadas non só no verán senón todo o ano... de risa.
Os recursos das fundacions son públicos, as directrices e os cargos xestores públicos son só que se submeten o poder de inspección 'a posteriori' e para iguala-lo réxime laboral dos empregados non faria falla liquida-lo "invento". O que lamento profundamente é a falla de debate, de datos reais e SOBOR DE TODO a falla de petición de responsabilidade polas vias correspondentes si, en verdade, se pode demostrar calquera das acusacións que se fan e fixeron.
A conto de esto ven esta nova de hoxe na que se pode apreciar como o 'gañador' é o "modelo Alzira" tan fortemente defenestrado mais cada volta mais extendido; unha auténtica "externalización completa" da atención sanitaria.

Rebobinando
Hoxe pasei a mañan rebobinando; facendo o que tiña que facer mais co cinema do tempo pola mente. Vin aquela sala de diálise do HXG e as 4 máquinas que "levei" aquela mañan, o ceo claro alí fora; aquela tarde fun correr con 30º e xersey. Ouvin novamente os queixidos de aquela primeira persoa accidentada nunha 1º mañan de xullo na estrea da tempura dos nervios, aquel día cheguei moi tarde á casa. Sentin o sono insoportable das 6 da mañan dunha noite tranquila nunha sala antiergonómica a proba de cansanzos extremos. Cheirei as mil desagradables fragancias da morte meta e porto dos nosos camiños-travesías que manifesta unha preferencia por impacta-la nosa pituitaria cos aromas dos velenos, do sangue e de sudores diversos.
Nestes tempos extraordinarios que semellan cheos de retos profesionais eu non sinto mais ambición que a de voltar á estrada cada tarde e que o de "ali dentro" quede para as "mentes pensantes". As ansias de aprender, as annsias de indagar, as ansias de mellorar veñen fenecendo nos "rompe-ansias" dun sistema que tende a se perpetuar baseandose no " bó rollo" e as "actividades sociais".
15 anos ollando dramas humanos, 15 anos feríndome un pouco coas feridas de outros, 15 anos facendo risa no medio das bágoas, 15 anos arranxando cousas con esparadrapo.
15 anos de Enfermeir@.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)