Do milleiro de aplicacions de corte sanitario que existen para iPhones, Blackberrys, S.O. Android e Wind mobile, etc só AirStrip OB (un sistema de monitorización obstétrica da FC fetal e a tonometría uterina) ten a aprobación da FDA para etiquetarse como "aplicación sanitaria".
Neste caso, e empregando a rede WiFi do centro sanitario, pódese ter acceso os datos de monitorización obstétrica das parturientas ingresadas no iPhone unha vez autenticado.
Para empezar entrase no campo das definicions...os reguladores da sanidade non soen encadrar 'sistemas' nin 'intanxibles' nas súas competencias; dado que os programas informáticos non un obxeto, pois existe un 'gap'.
A lexislación e as axencias de avaliación tecnolóxicas deben ir tan deprisa como as inovacions que nos asaltan, actualmente a implantación de programas informáticos ven sempre da mán de novos dispositivos reais (trebellos) que deben ser 'dados de paso' mais... sendo o software o punto principal de desenrolo tecnolóxico moderno e os tecnogadgets móbiles os trebellos do futuro (teléfonos + PDA + ordenadores...todo nun) pronto - XA - a industria vai 'desbordar' á lexislación e poñer nas nosas mans programas que atendan necesidades sanitarias dende trebellos que non precisen permisos das autoridades certificadoras da sanidade senon da industria.
Remato cunha aplicación que marca o ritmo e avalía a calidade das compresións cardíacas na RCP básica empregando o acelerómetro do iPhone; en realidade fai unha guía completa de tódolo proceso de atención...empregando cal algoritmo? pois iso, que se pon en marcha un software de axuda á RCP que non se sabe ben qué algoritmos emprega...é só un exemplo, neste caso dunha aplicación de 'adestramento' (5,99$ na APPstore)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input