Google+

Novas visions de Portugal.

Con motivo dunha participación deportiva frustrada acudín uns días a Porto e, deformidade mental, non puiden menos que fixarme na prensa e nas novas.

O SNS dos nosos irmans está a pasar un momento convulso, con moitos trocos e sobresaltos os mais deles 'mimétizantes' a fenómenos xa experimentados noutras latitudes.

A min chamoume a atención a rectificación respecto a certas taxas por uso do sistema. Retiraranse, para o presuposto de 2010 a taxa por ingreso hospitalario e as de ciruxía ambulatoria; únicas nas que non houbera consenso político no intre da súa adopción. Pola contra, as taxas por uso de servicios de urxencia hospitalaria (9 e pico €) e outras seguen aínda que ignoro o impacto que tales taxas na utilización non axeitada dos servicios (o suposto obxetivo) ou no "evento adverso" de persoas que non acuden á urxencia hospitalaria precisando dela por non ter eses cartos. O que si vin minimamente valorado foi a implantación dun servicio de SMS para lembrarlle ós usuarios as súas citas en consultas; a porcentaxe de 'ausentes' pasou dun 16% a un 9%, o que non sei é si ese troco cubre o gasto...pero falando dunha cousa e da outra o que si vexo plausible e cáseque necesario é a instauración dunha taxa POR FALTA DE USO; isto é, que, como en Dinamarca, á xente que non se presente nunha consulta programada (sin motivo xustificado, claro) deberá paga-lo custo da mesma. Penso que se trata dun ACTO DE INSOLIDARIDADE pois se fai pagar a outras persoas a propia irresponsabilidade.

No plano profesional seguen as loitas polo dimensionamento de plantillas e competencias profesionais; aínda que a nova que mais nos chamou a atención foi a demanda de emprego para levar enfermeiras de Portuga a...Arabia Saudita. 64 días de vacacions anuais, 2 billetes pagas, 3000€ mes...

Eu penso que hai que deixar xa ese aire de superioridade que alguns teñen respecto a Portugal e o que alí se fai e pensar que se pode aprender en todas partes.

1 comentario:

  1. Manuel Padín13/11/09, 21:55

    Soy enfermero desde el año 1995. Me fui a Portugal a trabajar en el año 1998 porque en aquella época en España con suerte conseguía trabajar 2 meses por año. Y la verdad es que me encontré con un país muy diferente al que esperaba. No os podéis imaginar el respeto que la población tiene por la enfermería. Dígase también que los enfermeros portugueses tienen una formación excelente y son licenciados desde hace casi 10 años. Hay problemas en todos lados lados claro, pero ese aire tradicional de superioridad de los españoles con respecto a Portugal en muchísimos aspectos (la inmensa mayoría) no se justifica. Los profesionales sanitarios portugueses son considerados por formación y experiencia entre los mejores del mundo. Es verdad, podemos aprender en todas partes, incluso donde menos lo imaginamos.

    Manuel

    ResponderEliminar

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input