Google+

Lóxica poboacional

Os planos para enfrontar a posible situación de emerxencia sanitaria se fan cos referentes dispoñibles no que atingue á poboación afectada (% de poboación e nº de casos novos semanais) e á gradación da gravidade dos casos (% de casos que precisan ingreso e características principais); supoño tamén que se está a observar atentamente como o modo de socializar afecta á expansión da enfermedade, sobor de todo en paises con modelo social similar.

Pero, estase a ter en conta como reacciona a poboación perante os plans de atención? Pregunto isto porque tanto o NHS como o SNS teñen moita esperanza en que a maioría da poboación empregue servizos de atención a distancia ( Teléfono ou internet ) e atenda ás indicacions de NON acudir ós servizos de urxencia hospitalarios mais que si se lle indica... a parte do reforzo do sistema de atención a distancia e das equipas de atención domiciliar esto supón que o modelo actual de como a xente se comporta nunha enfermedade se vai alterar e sería convinte saber ata que extremo isto está sendo así nos paises que se atopan agora no fin da tempada para percurar métodos de chegar coa mensaxe ó maior número de persoas posible.

Polo de agora xa se está a facer campaña nalgunhas empresas e centros comerciais e isto me leva a pensar no delicado equilibrio entre proporcionar a información precisa para evitar unha grave crise ou crear a grave crise por exceso de medo... imaxinadevos que no mes de Outubro as ventas das tendas baixan un 20% porque a xente ten medo ás aglomeracions (e tamén porque a xente enferma non vai mercar); pode ser a puntilla para unha economía que está a entrar en recesión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input