Día mundial do lavado de mans
A OMS lanzou hai xa 3 anos os desafíos mundiais pola seguridade do doente escollendo como primeiro chanzo desta "escaleira da seguridade" o lavado de mans. Baixo o lema "Unha atención limpa é unha atención segura" a organización conminou a un bó feixe de paises e socios colaboradores para a realización de campañas de fomento do lavado de mans nos centros sanitarios e se asignaron importantes cantidades de cartos á difusión e investigación sobre o tema.
O programa foi 'deslizandose' polo escalafón organizacional e vai cousa dun ano que chegou ó meu centro no que se fixo unha campaña sobre a limpeza de mans, mais non sobre o lavado de mans con xabón sinon sobre o emprego de antisepticos alcoholicos colocados estratéxicamente nos postos de traballo nos que se realizan as tarefas mais comuns (carros de curas, zonas de carga de medicación, boxes de urxencias) o que requeriu tamén un investimento en dispensadores e antisepticos.
A eficacia i efectividade do lavado de mans no combate contra a transmisión das infeccions tanto na actividade xeral como, mais concretamente, dentro dos centros de atención sanitaria. Malia todo a forma na que se realizan distos lavados e a súa frecuencia seguen a ser obxecto de estudo e non está de mais lembrar hoxe o publicado recentemente que concluía que o lavado de mans con auga e xabón con frecuencias de ata un 40% do requerido resultaba igualmente eficaz.
De tódolos xeitos o lavado de mans salva vidas e non debera ofender a ningun traballador da sanidade que se lle lembre a importancia desta medida tan simple.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input