Google+

Comparacion incomparable

Son dúas situacions que calquera que coñeza as xogadas vai poder identificar mais a ver que opinan os que non as coñecen.

1) Nun centro V do servizo de saúde G vanse a incorporar as persoas dunha oposición-concurso. O centro e os sindicatos acadan un acordo para que as persoas que xa viñan traballando no propio centro queden nos postos de traballo que ocupan "provisionalmente" e para as que se incorporan "dende fora" vaise facer un acto público para escoller entre os postos vacantes seguindo a orde de puntuación publicada no diario oficial. Ata o de ahí todo perfecto.
Pega 1: As persoas teñen 1 mes para incorporarse e, semella, non se lles vai permitir acudir ó acto de escolla e logo non incorporarse ata o prazo... concúlcase ese dereito a o prazo de mes co argumento de que ese aprazamento fai variar á persoa que ten que cesar para a incorporación.
Resposta 1: ¿para que estan os preavisos?; Caso: ABC vai ó acto de escolla porque ven 'de fora' cando lle toca escolle a praza Z1 e resulta que lle corresponde cesar a DEF; pois como DEF xa ten a carta de preaviso cesará ó día que ABC se incorpore.(punto). non hai mais lerias.
Pega 2: ¿Porqué entón a dirección fai acudir ós interesados (do centro e de fora) días antes, en citas individuais para, co aquel de lle dar os uniformes e as taquillas facer o que, semella, un "cálculo de previsions"?...
Resposta 2: A mín só se me ocurre que se tenta saber si a persoa en cuestión vai pedir ou non unha comisión de servizos a outro centro pois dada a situación xeografica do centro V é algo que lle acontece con frecuencia. Iso "sendo bó"; posto a "pensar mal" se pode pensar en 'entrevistas encubertas' ou cábalas para non cesar a persoas concretas que, a verdade, me semellan increibles.
O caso é que varios centros do servizo de saúde G estiveron a facer esta "rolda previa" dándolle a impresión ´@s interesados de que a cita era ineludible...

2) No centro B do servizo de Saude C na categoría AE vai mais de 18 meses que se incorporou a xente da santaope, 15 que se incorporou xente dun concurso de traslados normal e 7 meses que se incorporou xente dunha oposición normal... As persoas escolleran no seu momento o que se lles ofertou de xeito provisorio ata que se fixera unha movilidade interna que, xa tivo lugar e na que participaron as que proviñan dos primeiros 2 procesos. Dada a estrambotica situación da santaope que aínda o pasado día 14 recibia unha nova gota dende o BOE pois as persoas que por sentenza se viron recoñecidas no seu dereito a ter un nomeamento esixiron que se lles ofrecera a oportunidade de escoller 'antes' que as persoas da derradeira oposición 'normal'... e neso se está. Para a categoría AE (¿porqué só para esa categoría?) se vai facer un acto ¿público? para escoller seguindo ¿que orde de prelación?... atópome algo confuso mais quero deixar constáncia de que se fai coa adquiesencia sindical porque logo si xurden novas vacantes en virtude de novas sentenzas do gotear por ter malfeito as cousas que non se diga que ´@s demais non teñen dereito a escoller na situación que existira 'antes' e non como lles cadrou.

Iso si, todo semella moi embrolloso mais é preferible ó que acontecería si se tratase de centros "nova forma de xestión" nos que, seguro, non había nen oportunidade de escoller...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input