Non contaba eu con ser invitado a esta iniciativa que atopo con tanto sentido como o propio
informe da OMC así que suscribo:
¿Que é a gripe A/H1N1?
A gripe A é unha enfermidade que cursa de forma leve na grande maioría das
persoas. A situación actual non xustifica unha alarma social. Por iso é moi
importante manter a paciencia e a tranquilidade.
¿Como se contaxia?
Como a gripe común, contáxiase moi doadamente porque se transmite a
través do aire por medio de pequenas gotiñas que emitimos ao falar, tusir ou
esbirrar. Pero que sexa moi contaxiosa non quere dicir que sexa máis grave.
¿Como se diagnostica?
Polos síntomas que produce. A proba diagnóstica non é útil nunha gripe leve
ou moderada.
¿Como pode evolucionar a gripe A?
A inmensa maioría das persoas pasan a gripe con síntomas leves ou
moderados. Débese manter unha especial vixilancia da evolución dos síntomas
en persoas con enfermidades crónicas descompensadas e en pacientes de risco
máis elevado (inmunodeprimidos, nenos menores de seis meses).
¿Como podemos actuar para previr o contaxio?
As recomendacións básicas son:
1. Lavarse as mans frecuentemente.
2. Esbirrar ou tusir usando panos desbotables.
Non está claro se o uso de máscaras evita a propagación da epidemia
¿Que facer se tes síntomas?
A maior parte das persoas terán
síntomas leves e acudir ao médico non
achegará ningún beneficio. A saturación dos centros de saúde e hospitais pode
dificultar unha correcta atención a persoas graves pola gripe ou por outros
problemas de saúde.
Deben solicitar atención médica aquelas persoas que teñan dificultade ao
respirar, dor importante no peito, alteracións da conciencia (sensación de
atordamento ou desmaio), empeoren de forma rápida ou despois de 7 días do
inicio dos síntomas. No caso dos nenos, a idade inferior a 6 meses, a
respiración acelerada ou a febre que dura máis de tres días fan recomendable
avaliación médica.
Por iso, as persoas sas que presenten un cadro gripal sen síntomas de
gravidade poden realizar autocoidados nas súas casas. Se un está enfermo
convén
non acudir a lugares moi cheos de xente para evitar contaxiar máis
persoas.
¿Se teño síntomas teño que tomar algún tratamento?
Aínda que a febre non é perigosa en si mesma, os antitérmicos como o
paracetamol ou ibuprofeno poden ser útiles para aliviar o malestar que
produce.
Os medicamentos antivirais demostraron moi pouca eficacia e teñen efectos
secundarios. Por iso o seu uso deberá ser restrinxido aos pacientes que sufran
complicacións ou aqueles con alto risco de sufrilas.
¿E se estou embarazada?
Sempre se soubo que o embarazo supón un pequeno incremento do risco para
as complicacións da gripe (calquera tipo de gripe). En caso de febre ou
síntomas de gripe, é recomendable consultar cun profesional sanitario.
O comportamento sereo, paciente e tranquilo dos
doentes, os medios de comunicación, os profesionais
sanitarios, os dirixentes políticos e os cargos con
responsabilidade en planificación e xestión do Sistema
Nacional de Saúde é esencial para que funcionen ben os
servizos sanitarios e estes poidan dedicarse aos
enfermos que o necesiten.
Menos contaba con non ter que pasa-lo traballo da traducción... así que vos enlazo os textos noutras linguas:
CASTELÁN
INGLÉS
CATALÁN
Tamén hai unha
información para profesionais (en castelán).