Google+

PROMIS unha grande promesa para sabermos cómo de ben se traballa

Tod@s sabemos que no 'campo de traballo' da enfermería hai moitos espazos nos que saber o resultado do noso esforzo e como impacta na calidade de vida das persoas é, francamente, dificil de coñecer.

Os Institutos nacionais da saude dos EEUU (NIH) puxeron en marcha vai para 5 anos un programa marco de investigación para crear un conxunto de ferramentas sólidas e validadas que permiten a avaliación dos resultados nas persoas mediante enquisas estandar que abranguen as áreas: Anger (Irritación), Anxiety (Ansiedade), Depression (depresión), Fatigue (Fatiga), Pain Behavior (Características da dor), Pain Impact (impacto da dor), Physical Function (Capacidade física), Satisfaction with Discretionary Social Activities (Satisfacción coas actividades sociais) e Satisfaction with Social Roles (Satisfacción cos roles sociais).



Así naceu PROMIS (acronimo de Patient-Reported Outcomes Measurement Information System 'Sistema de información de medición de resultados informado polos doentes')

O web site describe completamente o proceso de creación dos test traballando as ferramentas propias dos estudos cualitativos e realizando duas complexas oleadas de validación a segunda delas rematada en Xullo deste ano que dará como froito un site renovado e a posibilidade de realiza-la valoración off-line.

Dado que se trata dun proxecto gubernamental as ferramentas son de acceso gratuito e aberto e se poden probar no


Iso si, previo rexistro gratuito...mais podedes probar coa páxina de demostración do test adaptativo para coñercer as ferramentas propostas.

Claro que para empregalos no noso medio haberá que facer un esforzo de adaptación e validación (confeso que ignoro si non se estará a facer xa), pero o que teño seguro é que no futuro os estudos que vexamos publicados respecto terán referencias a estas ferramentas polo menos no que se refire ós resultados das intervencions propostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input