Google+

O perigo da saturación

Onte cando escribín sobre as novas de Chuza que veño de inclúir na barra lateral quedei un anaco cavilando que, en moitas ocasións, esas novas son referidas por persoas alleas ó mundo da sanidade ou por sanitarios con "descoñecementos" sobre como seleccionar novas de relevancia ou significantes.

E dándolle voltas á piscina dinlle mais voltas ó tema; e concluín algo que xa moitos obxervariades i é que a oferta de información no noso eido é inabarcable e que ata a mellor das fontes pode ser empregada para comunicar novas falsas (hoax) ou interesadas.

Dende logo que é un problema grave sobre todo á hora de afrontar a toma de decisións ou , ainda peor, de aconsellar na toma de decisions ós doentes e ós seus familiares. Para mostra un botón... respecto do cancro de mama só hoxe atopei esta batería de novas nas RSS que leo.


PUNTEX.ES
Los test genéticos para cáncer de mama deben ser considerados una prestación sanitaria
El cáncer de mama es el tumor más frecuente en los países desarrollados y entre un 15 y un 20% se tiene en forma de cáncer familiar, es decir, que hay varios casos en la familia. Pero de estos no son todos hereditarios, puesto que pueden existir ciertos comportamientos culturales, alimenticios, etc… que pueden dar lugar a la agregación familiar. Los especialistas señalan que son hereditarios entre un 5 y un 10% de los casos y es para conocer esto
que recomiendan la realización de los test genéticos. En la actualidad estos test se realizan en algunas comunidades autónomas y que poco a poco se irán implantando de forma generalizada, aunque se trata de pruebas complicadas y de alto nivel molecular que se deben hacer en centros de referencia, por lo que cada comunidad autónoma deberá decidir cuál es su centro de referencia y dotarlo convenientemente.

Suiza aprueba un novedoso tratamiento contra el cáncer de mama her-2 positivo avanzado
Las autoridades suizas han sido las primeras en Europa en aprobar Tyverb (lapatinib) de GlaxoSmithKline (GSK), en combinación con capecitabina para el tratamiento del cáncer de mama avanzado. Lapatinib está indicado en el tipo de tumor mamario de peor pronóstico, el que sobreexpresa el gen HER-2 que se diagnostica en una de cada cuatro mujeres con cáncer de mama en España. Se trata del primer fármaco oral que actúa sobre dos receptores (ErbB1 y ErbB2), que son responsables del crecimiento tumoral en este tipo de pacientes. Su innovador mecanismo de acción, desde el interior de la célula tumoral, permite una posibilidad nueva de tratamiento de la que carecían las mujeres que han recaído tras el tratamiento con trastuzumab o que no responden al mismo.
Cancer (vol 109, p 2397) Un estudo atopa 216 compostos que se relacionan co cancro de mama e que se atopan na auga, o aire e a comida. 10 de eles estan rexistrados pola FDA como aditivos alimentarios New cientist issue 2604 of New Scientist magazine, 19 May 2007, page 5.

Nature, DOI: 10.1038/nature0588 Catro novas mutacions xeneticas se relacionan co cancro de mama. Estas mutacions son relativamente comuns ó contrario que as dos xens BRCA1 e BRCA2 coñecidos até o de agora. New cientist issue 2606 of New Scientist magazine, 02 June 2007, page 7

¿Causa un virus o cancro de mama? Recentemente os investigadores veñen de retoma-la idea, abandoada nos 70, de que o cancro de mama pode estar relacionado cando menos nun terzo dos casos cun virus altamente sofisticado que aproveita o sistema inmunolóxico do hóspede. New cientist 30 May 2007 Dan Jones Magazine issue 2606


Así postas as novas ¿cantos usuarios/pacientes/clientes non amosarían dúbidas do que é mais correcto facer fronte a un problema deste tipo?. Un sanitario con formación axeitada percuraría as fontes orixinais e a consistencia dos estudos citados para 'polos no seu sitio' e ainda así se podería ver enganado polas perversions introducidas polo financiamento dos estudos (moitas veces pagados por industrias interesadas) ou das editoriais que os publican. Hai tempo que se fixo un 'fio' sobre como as editoriais e os autores pervertían o "factor de impacto" das publicacions e moitos dos que tentan publicar un artigo saben que deben incluir unha alta porcentaxe de citas da revista (ou revistas do grupo editorial) na que tentan publicar si queren ter éxito.

Como colofón quero deixar enlazado a reseña dun libro "Cancer activism:Gender, media and public policy" que vos indica como hai grupos de intereses (Lobbies) para todo e que isto da saude non queda fora; todo o contrario , o coidado da saúde estase a convertir nun dos principais sectores de movemento económico nos paises desenrolados e a cantidade de cartos que se move ó redor del fará que se incrementen os conflictos morais entre o que se faga o que se deba facer.

Trocos

Ben; hoxe púxenme e tirei a casa pola fiestra.

Engadín unha saliña do meebo que permite o chat en directo (e anónimo para vos) si estou conectado.

Tamén engado os titulares das Chuzadas de saude co que, seguramente, deixarei de facer entradas curtas de "Trebellos TIC e TeCh" mais gañaremos en número de novas.

Derradeiro e non menos importánte, engado un blogue ó que cheguei polo directorio de Enfersalud. É dunha compañeira de Compostela e está ben currado no aspecto de contidos; espero poder establecer mais vinculos de colaboracion con outros blogues.

O complexo dun concepto

Dándolle voltas ó tema da 'liquidación' das fundacións en Galicia e á miña teima de que non se ten feito unha análise seria das vantaxes e problemas de xestiona-la sanidade pública con criterios estritos lembrei un artigo do NY Times (What if medical care came with 90-day warranty?) no que se fala de algo que, como consumidores de produtos damos por suposto mais que como receptores de servizos non tanto...

Diredes que no noso medio este tipo de empeños non teñen lugar e poredes enriba da mesa o manido argumento de que o provedor e o pagador da 'factura' son o mesmo; erro. A sanidade privada está a medrar por riba do que medra a economía xeral e non só polo impulso que lle dá a concertación co seguro público (froito da incapacidade da sanidade pública para atende-la súa demanda= listas de espera) senón tamén de que, en consonancia coa filosofía imperante da beleza e do incremento do poder adquisitivo, cada día son mais os cidadáns que acuden á sanidade privada ben pola súa conta, ben pola conta de seguros privados ou das contraditorias mutualidades.

Por qué me chama a atención o que dí o artigo do NY Times? Porque ese tipo de garantías tan evidentes NON se aplica nin alí, reino da sanidade privada, nin aquí. ¿E que pasa si a atención sanitaria ven cunha garantía de 90 días?; pois que pode que este SI fose un bó argumento para "externalizar". Non sei si hai datos sobre elo, mais si sei que hai exemplos abondo e que, a comparación non se resiste.

Un doente que ten unha hernia, unha colecistite, un problema no menisco dun xoenllo ten DEMASIADO tempo de espera nos hospitais públicos; e o "demasiado" non o digo tanto dende o punto de vista humano (que tamén) senón que me aproximo mais ó concepto "Bismark" da sanidade pública (aquel que di que o sistema está para que a forza de laboral perda o menor tempo de traballo por mor da enfermidade). Así que o pagador público autoriza a realización da intervención nun centro privado que a fará con moita menos espera (un terzo que no SNS) e coa garantía do sistema público... ¿que acontece si algo vai mal?. Pois que a atención posterior do doente volta ó campo da sanidade pública.

Ten isto pois unha triple perversión: Por unha banda é ben coñecido e aceptado que os centros privados que participan nestes programas 'seleccionan' ós doentes que, segundo os criterios técnicos, teñen menos probabilidade de padeceren problemas "na mesa" (ASA I e II), por outra a sanidade pública vé como se incrementa (ainda mais) a complexidade dos casos a tratar nos seus centros co que a estancia media dos doentes aumenta e, polo tanto se poderá intervir a menos doentes incrementándose o tempo/cantidade da lista de espera e os recursos da sanidade pública farán de garantía dos casos que non vaian ben nos programas de 'externalización' co resultado final de mais lista de espera. E quero que se entenda ben; NON digo que nesas intervencions externalizadas existan mais complicacions ou problemas respecto a ningún referente; é mais, ben seguro que hai menos. O que afirmo é que as que hai se engaden ó emprego dos recursos públicos e que, soa extrano dende o punto de vista dun "comprador" de servizos.

Pode que a nova lei de contratación pública diga algo sobre elo; e sería bó seguir teimando nos métodos de control do gasto na xestión da sanidade pública para evitar que unha situación insostible nos achegue a problemas inéditos como os que teñen os chinos.

Indignante doble vara

O 12 de Maio foi o día da enfermería e tamén foi o día dos exames da OPE para Enfermeir@ do Servizo Galego de Saude. Poucos días antes o consello da xunta aprobara o decreto marco para a integración das fundacións sanitarias (Publicado no DOG de hoxe) como demostración do cumprimento dun compromiso político non só dos partidos de goberno senon tamén dos sindicatos da sanidade que dende hai 13 anos se viñan opondo a este tipo de xestión da sanidade pública... mais todo é segundo a cor do cristal co que se mire.
Se hai 13 anos aquelas probas psicotécnicas foran tildadas de estafa polos sindicatos e os partidos que daquela estaban na oposición eu hoxe digo en voz alta que mais estafa é facer exames de oposición para as fundacións (Barbanza e 061) na misma data que as do SERGAS e co decreto de integración xa aprobado na recámara. Foron, de feito, oposicions a persoal estatutario encubertas i escondidas con alevosía. Ninguén poderá dicir que non se sabía que as persoas que aprobasen eses procesos non pasarían a estatutarios cando se materialice o proceso de integración neses centros... e mais, ¿e si os procesos son paralizados agora por un tribunal? ¿quedaría paralizada a integración ata que se resolvesen os litixios?. Son gañas de facelo MAL. Si se inicia un proceso de reconversión como este o mais natural é paraliza-los procesos selectivos dos centros afectados ata acadar un acordo e, si se chega a él, declarar nulos os procesos e devolve-las taxas.

Eis outra de Opereta desta volta a cargo do "progresismo" en toda a súa extensión (partidos e sindicatos) que tanto protestaban contra o enchufismo das fundacions e agora as ofrecen como 'porta traseira' baixo a apariencia dun proceso selectivo pechado e alevoso.

Os avances dunha profesión

Agora que esta a debate a pregunta ¿quen atenderá a sanidade dentro de 10 anos? en todas partes escoitanse respostas de todo tipo.

Ven sendo unha constante a ampliación en cantidade da prestación de servizos básicos e a tecnolixización do servizo sanitario en xeral de tal xeito que o número de centros novos, as posibilidades das TIC e a carencia de certas clases de especialistas atopa diversas solucions segundo a óptica coa que se plantexe.

A enfermería é unha disciplina autónoma con amplas capacidades técnicas e formación teórica dabondo para afronta-la atención básica de saude con garantías mais tamén pode e debe plantexarse si nun estadío mais especializado con formación mais focalizada e controlada se lle podería asignar a realización de técnicas nas que os especialistas médicos adican moito tempo para tarefas que poden ser consideradas rutineiras.
Non é que sobren enfermeiras no estado mais hai moitos profesionais moi cualificados con formación e práctica dabondo que estan a ser "malgastados" en cometidos que non aumentan a eficiencia do sistema sanitario en xeral cando se lles poderían asignar outras tarefas que liberasen recursos (horas de especialista) para que fagan o que realmente se lles preparou para facer i empreguen o seu caudal de coñecementos e capacidades dun mellor xeito para a sanidade pública.
¿E que pasa si algo vai mal? A tódolos profesionais lles pode pasar que non se poda realizar unha técnica; toda prestación pode ter un efecto adverso ou colateral e, de feito os hai e as súas consecuencias clínicas teñen que ser tratadas moitas veces en outros centros ou por outros profesionais e as súas consecuencias legais son afrontadas polo sistema de garantías de seguros e, si é o caso, polo sistema disciplinario correspondente. Non é que non pase nada mais; dende logo non pasará nada que non esté pasando XA.

A apertura dos novos centros precisos polo aumento da poboación, o incremento no nivel de demanda en xeral e o incremento na "calidade" desa demanda ó traveso da esixencia de mais especialización e mais emprego da tecnoloxía podería levar ó colapso financieiro e profesional do sistema e semella que as solucions de inxeniería financieira como o PFI non está a resultar tan boa como semellaba.
Report criticises PFI refinancements
15 May 2007
NHS Trusts are being ripped off by the private sector over debt refinancing initiatives implemented by the government to help solve the NHS debt crisis.
Private Finance Initiative (PFI) refinancements, where hospitals renegotiate existing deals to finance new builds, were supposed to generate a return of £175- £200 million for the public sector. But as of December 2006, the government had secured the right to a profit of only 93 million.
Edward Leigh MP, Chairman of the Committee of Public Accounts said: ‘Local public sector officials taking forward PFI projects such as hospitals or schools are often painfully lacking in commercial experience.
‘Staff negotiating the fine print of refinancing clauses in contracts, where the risks to the public sector can be high, must be trained so that they are not outwitted by their commercially sophisticated private sector counterparts.
Private companies can make huge profits by selling on shares in PFI projects but are under no obligation to share these profits with the government.
‘The Treasury must keep the working of the PFI equity market under close scrutiny to make sure the public interest is not being compromised,’ added Mr Leigh.


Evidentemente os trocos van ser lentos; tanto como a implantación das especialidades e os diplomas de capacitación de área. Tanto como a posta de longo da reforma universitaria; cando porfin @s enfermeir@s que rematen os seus estudos teñan unha titulación universitaria de 1º nivel e podamos acceder ó resto da formación universitaria sen "falsos escalons" ou nomenclaturas ambiguas e cando os que non tivemos esas oportunidades podamos acceder a homologa-los nosos títulos e a conquerir un verdadeiro recoñecemento polos nosos méritos e non simplemente polos anos que levemos recibindo unha nómina.

Un botón: a especialidade de saude mental leva uns 10 anos creada; pois a categoría profesional de "enfermeiro especialista en saude mental" ainda ven de ser creada agora (polo menos no SERGAS), ainda se teñen que crea-las prazas, proveelas interinamente, convoca-la correspondente OEP e realizarse o proceso selectivo correspondente antes de que se poda dicir que hai especialistas enfermeiros en saude mental exercendo 'de dereito' como tales.

Edición: 3 de Xuño:

O decreto de creación da especialidade saiu no DOG do 30 de Maio e puiden ler no "diario enfermero" que só hai esta categoría (e polo tanto traballo recoñecido coa especialidade) en Euzkadi e Cantabria.
Os servizos prestados en desenvolvemento das actividades propias da especialidade de enfermaría de saúde mental con anterioridade á entrada en vigor do decreto serán valorados como prestados coa titulación de especialista ( será sempre que se tivese a dita especialidade no intre da prestación; ¿non? ) nos procesos de selección tanto fixo como temporal.

Sangue de Plástico para feridos de verdade

A universidade de Sheffield amosará a partires do 22 de Maio no museo da ciencia de Londres unha mostra dun producto elaborado a partires de plástico mais co engadido dunha molecula de ferro que lle confire a propiedade de facer de transportador de osixeno.

Trátase ainda dun desenrolo incompleto mais que amosa vantaxes pois e doado de transportar ó presentarse en forma de pasta que se a de disolver en auga para a súa infusión. É estable a temperatura ambiente e se pode almacernar durante mais tempo que o sangue normal nun refrixerador.

Os primeiros resultados foran publicados hai un ano mais ata o de agora a nova non saiu ós medios, dende logo este adianto melloraría moito a atención en emerxencias sobre todo no caso de catástrofes con múltiples victimas i/ou en zoas de dificil acceso.

Formación, deformación, transformación

Pois mira tí por donde a vinganza doce SI semella existir e ler nos boletins oficiais SI ten premio.

Estiven uns días comprobando que todo malo que se fala da administración pode virar segundo a cor do cristal co que se mire.

Aproveitando unha percura no Bocyl froito dunha dúbida malévola tras un fracaso politico atopei a ocasión para solicitar un curso interesante sobre estadística aplicada á información sanitaria; ata ahí todo normal, o motivante do curso xa non é que cho dea a administración e que che permitan facelo a conta da xornada laboral, o apaixoante é que, en coherencia coa extensión da comunidade i en contraposición co suposto 'pensamento centrípeto' dos seus gobernantes, os cursos da Junta de Castilla y León (e tamén os exames de oposición) están descentralizados en diversos emprazamentos do amplísimo patrimonio da comunidade e se ofrecen en "réxime de internado". Como resultado; pasei 4 días en Peñaranda de Duero realizando o curso e compartindo con moita xente de moi diversos orixes e funcions dentro da sanidade da comunidade.

Podo dicir que veño bastante motivado xa que, agás estar apartado da familia, o ambiente foi mais que beneficioso e os aspectos formais do curso e os lúdico-culturais estiveron á mesma altura.

Mais como conservo o 'espiritu guerreiro' quérolle dar un pequeno pao ó lumbrera de Farmaindustria que se lle ocurre ofertar 300 millons en investigación de fármacos para enfermidades raras en troque de que o goberno suscriba os acordos que extenderían as patentes da totalidade dos medicamentos ó mesmo tempo que en europa. O que esqueceu este bala foi retirar do artigo que esa diferencia de tratamentos das patentes representa para eles un ingreso de 1600 millons nos anos nos que ofertan o programa de investimentos. Ou mais claro: -Hola pasaba por aquí y se me ha ocurrido que podrían ustedes firmar un documento para que nos paguen 1300 millones de euros en los próximos 5 años de los impuestos de TODOS...
Agora que non atopen outro lumbreira no ministerio que lles asine semellante engano.

A cascada das leis , a lei da integración e a diferencia .

O goberno de "!!!ESPAÑA¡¡¡" ven de aproba lo estatuto básico do empregado público que vai a obrigar á modificación do recente estatuto xurídico do persoal do Sacyl.

Vaia leria de leis; logo vai sair tamén unha normativa europea que regulará o tempo laboral de tal xeito que as guardias ficarán como horas extra mais caras e volta a escomenzar... si así non hai quen dirixa¡¡¡ (ni quen se deixe dirixir).

Por outra banda onte "Torito" anunciou a aprobación da lei de integración das fundacions sanitarias de Galicia á que só lle falla a publicación no DOGa, logo virán as convocatorias por centros etc. etc. mais o paso 'politico' semella dado.
¿Nada o goberno galego contracorrente? Segundo está o panorama SI porque a 'externalización' da asistencia sanitaria non ten feito mais que escomenzar en outros servizos de saude; ainda que en Asturias puiden ver que a integración do hospital de Arriondas tamén está no taboleiro político semellaba algo puramente propagandístico.

Para rematar... Facendo unha percura 'por encargo' no BOR (LaRioja) puiden comprobar que alí se fixo unha convocatoria pública para a elección de destino dos exedentes voluntarios da SantaOpe que solicitaron o reingreso provisional... unha convocatoria con baremo e prazos; con seguridade xurídica para os involucrados e para o resto de interinos.
Tamén vin a convocatoria da solicitude de acceso para a carreira profesional que non só implica ó grao I senon que tamén ó II e ó III; iso si que sería interesante (e honeroso). Aqui semella que van xogar a agardar canta xente se xubila, pasa a longa enfermidade ou se farta...

O grande reto da tecnoloxía

Con tanto ruxe ruxe e tanta treboada tiña eu abandoado esta interesante fronte.

Non cabe a menor dúbida que un dos eixos do desenrolo futuro da sanidade estará no eido tecnolóxico, non en van, as administracions e subaministracions (hai queda eso) se preocuparon xa hai tempo de dotarse de instrumentos de avaliación das tecnoloxías sanitarias para facer fronte ó bombardeo das casas comerciais (fabricantes, empresas de servizos, distribuidores etc.) que se 'colan' pola porta traseira e lle poñen na mesa do restaurante (uy; perdón, quero dicir nos hospitais) os trebellos mais lustrosos e caros ós tomadores de decisions para que os 'proben' cun prezo ben sinxelo; a merca do consumible a prezos desorbitados. Actualmente a estas institucions autonómicas de evaliación das tecnoloxías sanitarias e ás súas asociacions estatais, europeas e mundiais se lles engade o estudo ou 'metaanálise' da información relevante sobre a práctica clínica para dotarse dun corpus de información sobre EVIDENCIA CIENTIFICA que avalíe as actuacions e as tecnoloxías.

Dende o mundo da tecnoloxía vese o eido sanitario como un dos grandes eixos de desenrolo e aplicación de coñecementos en especial porque moitos consideran que o persoal sanitario adica moito tempo a faceren monitorización e interpretación de datos cousa que, coidan os tecnologos, pode facer mellor un trebello ou un programa... Por elo, a monitorización do doente é un dos campos estrela; unha monitorización que vai mais aló da mostra de resultados de técnicas non invasivas convencionais e se adentra na interrelación de datos de monitorización con datos de laboratorio e de diagnose por imaxe cun alto grao de personalización que permita a programación de alertas moi específicas.

A tecnoloxía tamén vai trocar radicalmente o mundo da diagnose por imaxe; a adaptación do principio da "compresion sensible" (traduccion chapuceira de 'Compressive sensing' ) un principio do procesado de datos xa empregado na compresión de imaxes que agora se pensa empregar para obter mais información de dispositivos de captación de imaxe de novo deseño que deixen de emular ás camaras tradicionais e que ofrezan maiores prestacions permitindo o procesado directo dos datos para ;por exemplo, obter imaxes tridimensionais.

Cada desenrolo dunha tecnica básica traerá unha chea de trebellos baseados en aplicacións prácticas da mesma. Por facer unha derradeira chamada; ¿lembrade-lo visor de veas?
pois baseado no mesmo principio da diferente abosorción da lonxitude de onda infrabermella polo sangue esta a ser probado na India un pequeno aparello manual que pode detectar hematomas intracraneias en formación. O trebello pode ter unha aplicación moi eficiente no campo da emerxencia sanitaria ou incluso no triaxe e monitorización de doentes con sintomatoloxía, con antecedentes, traumatismos cranais ou factores de risco.

Xa podo esperar sentado...

A desinformación debe de ser a característica fundamental dos procesos electorais "democráticos"

Nin a web do colexio de enfermería de León, nen a do "consello de colexios de Castilla y León" fan nengunha referencia á suspensión do proceso electoral por un 'escrito previo á vida xudicial' dun colexiado que considerou, con bó criterio, que ser membro da mesa electoral non é compatible con ser candidato; sobre todo si hai alo menos dúas candidaturas.

Isto sen mencionar a escaseza dos prazos e a tardanza da comunicación vía correo... que fixo que o anuncio de anulación da votación chegara o mesmo día dos cómicos (si, pon cómicos i é que dá risa).

O que SI queda claro nas referidas webs é que hai unha sentencia que crea xurisprudencia sobor da obligatoriedade da colexiación.

¿E logo?; logo mais... Porque mentres un proceso electoral é paralizado mercede aun escrito previo á via contencioso administrativa, outros procesos igualmente ilegais por iren en contra da lexislación en vigor seguen adiante coa CONNIVENCIA dos "representantes dos traballadores" verbas estas que veñen a significar: Teño unhas horas libres para usar como queira e; por exemplo, as emprego para libra-las fins de semana, traballa-las noites (que os cartos sempre fan falla) e os días que libro non acudir ó centro porque está a 50 Qm....

Asamblea a posteriori

Buenos, pois si que acudín a asamblea ainda que o turno de "ruegos y preguntas" se adicou ó tema da mesma que non era outro que a aparente percura por parte da Xunta de persoal de apoio dos traballadores nas mobilizacions que iniciaron recentemente fronte ás xerencias polos asuntos que 'non se respetan ou non avanzan' dende hai anos... Incluso retroceden como o tema do autobús do que me puiden enterar que era 'un acordo' e que voltarían a negocialo co concello.

Así que gardei o spech do post anterior para outra ocasión e só fixen un comentario sobre a pronta perda de valor do acordo de mobilidade interna cando entre en vigor o novo estatuto xuridico do persoal do sacyl(Bocyl 14/03/2007).

Non me convence a necesidade de mobilizacions -agora- me sinto utilizado nunha campaña política e ben sei que xusto agora é cando podería conquerirse que os politicos fagan caso mais non me interesa.

Asamblea "a priori"

Como semella que non vou poder ir á asamblea de mañan vou facer por esta vía un ensaio do 'speach'.

En primeiro lugar haberá que tantear que intencions se trae con respecto á participación do persoal no turno de "pregas e preguntas". O normal sería que lle indicasen a un canto tempo ten.

Acude un a unha asamblea informativa da xunta de persoal porque é traballador do centro e non afiliado de tal ou cal sindicato e polo tanto ningúen che está a facer nengún favor ó che "informar".

Sobre o punto nº1 da orde do día: Actividade da xunta de persoal; o que se fai: Informar sobre canto proceso selectivo se atopa en marcha na comunidade e fora dela, das convocatorias de bolsas de contratación, de cursos, de conflictos de categorías ou colectivos e de 'movidas' varias todo elo nun "collage" multiple por todo o centro sen o menor miramento pola estética.

O que non fai: Propor algunhas cousas que SI poden beneficiar @s traballadores do centro como un economato, unha guardería e un acordo de gratuidade ou tarifa rebaixada no transporte público ó centro de traballo nos horarios laborais.

Punto 2: sen saber de que vai a "declaración do conselleiro" podo afirmar que se trata dun acto político cousa que insulta a intelixencia dos que tentamos separar politica e sanidade... ¿como é que se defende tanto ó usuario e non se reivindica unha e un millón de veces que se poñan en marcha os mecanismos de participación cidadan na xestión da sanidade pública que estan previstos nas leis?. Unha xunta de persoal ten que preocuparse das condicions laborais, do cumprimento das normas de seguridade e de prevención, das oportunidades de formación... da organización do servizo e das consecuencias delo para os cidadans hai abondo quen se preocupe.

Eleccions

Cando escribin o derradeiro post ainda non recibiramo-la comunicación da apertura do proceso electoral do colexio de enfermería de León, a data de hoxe remata o prazo para solicita-lo voto por correo e xa onde vai que rematou o de presentación de candidaturas...

A "democracia" ten estas cousas, os cidadans nos temos que preocupar de estar ó día de cumplirmos coa 'obriga' de ir a 'mete-la' porque ¿que hai peor visto que un cidadan tan pasivo que non exerce o dereito ó voto?.

A cousa troca cando se trata de formar parte na toma das decisions que conducen ás nosas sociedades cara un ou outro sentido... Para alguns procesos é imposible coñece-lo procedemtento de presentación e formación de candidaturas, para outros os prazos san tan axustados que calquer "retraso de correos" impide toma-la iniciativa, noutros casos a información é "roubada" ós interesados sen mais miramentos.

Un proceso DEMOCRATICO esixe transparencia REAL que permita te-la información en tempo, prazo e forma para poder tomar decisions activas e pasivas (candidatura e voto) conscientes e consecuentes. Non pode un estar informado a base de comentarios nos pasillos e de ruxe,ruxe como si fose esto a mafia. Claro, que dentro da nosa profesión como en toda a sociedade... Ainda hai clases.

Non se enteran ou non queren?

Alguns xornalistas ou son parvos ou son títeres ou pensan que tod@s somos parv@s ou que a ordenación do estado e a transferencia de competencias non ten nada que ver coa capacidade de xestión autonoma senon que debera ser unha extensión dunha politica decidida centralizadamente.

Ven isto a conto dun par de novas esperpénticamente enfroantadas entre si e que saen no mesmo periódico... porque si fosen dous diferentes ainda tería unha explicación.

Todo está relacionado co tema da carreira profesional os diferentes sistemas que se están a establecer nos distintos servizos de saude en virtude da súa autnomía de xestión e dos diferentes conceptos de responsabilidade e políticas de motivación que ten cada administración.

Un artigo (só completo para o acceso 'plus') fai eco da xa coñecida teima de que a carreira profesional debe ser "para todos igual" e case copia o titular do xa referenciado do "enfermería facultativa" de Xaneiro poñendo a mesma retahila de argumentos no 'debate'. É curioso que ningúen faga referéncia á responsabilidade xestora dos servizos de saude que tentaton tan sequera poñer outros condicionantes nos requisistos dos diferentes graos da carreira e sí veña a falar dos cartos.

O outro artigo este da edición Galicia chega ó colmo cando fala da reivindicación das categorías Non sanitarias e Sanitarias non universitarias e menciona que o quid da cuestión é a non inclusión destes traballadores nas "subidas de sueldo por antigüedad" referíndose á carreira profesional.

I é que vivo cunha adiviña que xa hai moito sentenciou que 'esto vai quedar nuns quinquenios'...

Prexuizos

Moitos profesionais se queixan reiteradamente de que un dos grandes problemas dos servizos públicos é a súa politización "ata os postos de bedel". Moitas veces temos ouvido prexulgar a alguén que é seleccionado para un cargo intermedio dicindo que si a elección se debeu a que é afín ou militante a tal ou cal partido ou facción; eu mesmo o teño feito dende esta fiestra.

Mais aló de abondar nese fio quero quebrar hoxe unha lanza a prol da auténtica profesionalización da xestión dos servizos públicos e, sobor de todo, quero da-lo meu alento ás persoas que, empurradas pola profesionalidade asumen postos intermedios sendo 'marcados' por elo coa carga dunha culpa peor que as inxurias.

Non cabe dúbida que existen diferentes plantexamentos do que debe se-la sanidade pública, o seu financiamento e o xeito da súa provisión. Aproveitar ou non a infraestructura e recursos da sanidade privada, emula-los seus modelos de traballo, introducir "taxas disuasorias" do sobreuso do servizo, limita-las prestacions... todo eso e outras mais son decisions politicas que toman e asumen persoas que ocupan cargos en virtude da asunción do programa político do goberno de turno, mais; por abaixo, nalgun punto do escalafón, escomenza o traballo de persoas que , seleccionadas pola súa experiencia, valia, preparación etc. debera centrarse na EFICIENCIA, EFICACIA, no bó facer e na capacidade de motivar á equipa humana coa que interactua ben por proximidade, ben por xerarquía.

De novos moitas veces falamos de que si "os supervisores deberan ser elexidos polo persoal das unidades, que si deberan se-la voz da unidade/servizo coa dirección"... !Canto se aprende co tempo¡. Mais, un cargo intermedio non ten que ver coa "cuestión política" pois a súa capacidade de obrigar ten o limite da ética profesional que sinala de verdade o que se pode ou non facer.

De tódolos xeitos hai unha zona escura onde o seguimento das premisas políticas deixa paso á formación dunha equipa de traballo organizativo e de control que asume obxectivos de xestión e, nesa zona escura, é onde se situa o prexuizo. O prexuizo que a uns impulsa a sinalar a alguén como afín politico e a outros os impulsa a percurar persoas coas que se manteña un coñecemento persoal que nada ten que ver co desempeño profesional; un desempeño que se caracteriza en accions e aptitudes de traballo e serán esas as que haberá que agardar para da-la sensación ou non de sentirse satisfeito ou decepcionado.