Con tanto ruxe ruxe e tanta treboada tiña eu abandoado esta interesante fronte.
Non cabe a menor dúbida que un dos eixos do desenrolo futuro da sanidade estará no eido tecnolóxico, non en van, as administracions e subaministracions (hai queda eso) se preocuparon xa hai tempo de dotarse de instrumentos de avaliación das tecnoloxías sanitarias para facer fronte ó bombardeo das casas comerciais (fabricantes, empresas de servizos, distribuidores etc.) que se 'colan' pola porta traseira e lle poñen na mesa do restaurante (uy; perdón, quero dicir nos hospitais) os trebellos mais lustrosos e caros ós tomadores de decisions para que os 'proben' cun prezo ben sinxelo; a merca do consumible a prezos desorbitados. Actualmente a estas institucions autonómicas de evaliación das tecnoloxías sanitarias e ás súas asociacions estatais, europeas e mundiais se lles engade o estudo ou 'metaanálise' da información relevante sobre a práctica clínica para dotarse dun corpus de información sobre EVIDENCIA CIENTIFICA que avalíe as actuacions e as tecnoloxías.
Dende o mundo da tecnoloxía vese o eido sanitario como un dos grandes eixos de desenrolo e aplicación de coñecementos en especial porque moitos consideran que o persoal sanitario adica moito tempo a faceren monitorización e interpretación de datos cousa que, coidan os tecnologos, pode facer mellor un trebello ou un programa... Por elo, a monitorización do doente é un dos campos estrela; unha monitorización que vai mais aló da mostra de resultados de técnicas non invasivas convencionais e se adentra na interrelación de datos de monitorización con datos de laboratorio e de diagnose por imaxe cun alto grao de personalización que permita a programación de alertas moi específicas.
A tecnoloxía tamén vai trocar radicalmente o mundo da diagnose por imaxe; a adaptación do principio da "compresion sensible" (traduccion chapuceira de 'Compressive sensing' ) un principio do procesado de datos xa empregado na compresión de imaxes que agora se pensa empregar para obter mais información de dispositivos de captación de imaxe de novo deseño que deixen de emular ás camaras tradicionais e que ofrezan maiores prestacions permitindo o procesado directo dos datos para ;por exemplo, obter imaxes tridimensionais.
Cada desenrolo dunha tecnica básica traerá unha chea de trebellos baseados en aplicacións prácticas da mesma. Por facer unha derradeira chamada; ¿lembrade-lo visor de veas?
pois baseado no mesmo principio da diferente abosorción da lonxitude de onda infrabermella polo sangue esta a ser probado na India un pequeno aparello manual que pode detectar hematomas intracraneias en formación. O trebello pode ter unha aplicación moi eficiente no campo da emerxencia sanitaria ou incluso no triaxe e monitorización de doentes con sintomatoloxía, con antecedentes, traumatismos cranais ou factores de risco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input