Google+

Prexuizos

Moitos profesionais se queixan reiteradamente de que un dos grandes problemas dos servizos públicos é a súa politización "ata os postos de bedel". Moitas veces temos ouvido prexulgar a alguén que é seleccionado para un cargo intermedio dicindo que si a elección se debeu a que é afín ou militante a tal ou cal partido ou facción; eu mesmo o teño feito dende esta fiestra.

Mais aló de abondar nese fio quero quebrar hoxe unha lanza a prol da auténtica profesionalización da xestión dos servizos públicos e, sobor de todo, quero da-lo meu alento ás persoas que, empurradas pola profesionalidade asumen postos intermedios sendo 'marcados' por elo coa carga dunha culpa peor que as inxurias.

Non cabe dúbida que existen diferentes plantexamentos do que debe se-la sanidade pública, o seu financiamento e o xeito da súa provisión. Aproveitar ou non a infraestructura e recursos da sanidade privada, emula-los seus modelos de traballo, introducir "taxas disuasorias" do sobreuso do servizo, limita-las prestacions... todo eso e outras mais son decisions politicas que toman e asumen persoas que ocupan cargos en virtude da asunción do programa político do goberno de turno, mais; por abaixo, nalgun punto do escalafón, escomenza o traballo de persoas que , seleccionadas pola súa experiencia, valia, preparación etc. debera centrarse na EFICIENCIA, EFICACIA, no bó facer e na capacidade de motivar á equipa humana coa que interactua ben por proximidade, ben por xerarquía.

De novos moitas veces falamos de que si "os supervisores deberan ser elexidos polo persoal das unidades, que si deberan se-la voz da unidade/servizo coa dirección"... !Canto se aprende co tempo¡. Mais, un cargo intermedio non ten que ver coa "cuestión política" pois a súa capacidade de obrigar ten o limite da ética profesional que sinala de verdade o que se pode ou non facer.

De tódolos xeitos hai unha zona escura onde o seguimento das premisas políticas deixa paso á formación dunha equipa de traballo organizativo e de control que asume obxectivos de xestión e, nesa zona escura, é onde se situa o prexuizo. O prexuizo que a uns impulsa a sinalar a alguén como afín politico e a outros os impulsa a percurar persoas coas que se manteña un coñecemento persoal que nada ten que ver co desempeño profesional; un desempeño que se caracteriza en accions e aptitudes de traballo e serán esas as que haberá que agardar para da-la sensación ou non de sentirse satisfeito ou decepcionado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input