Recibimos tod@l@s colexiados a revista "enfermería facultativa" como parte dos servizos da obrigada cota de colexiación que pagamos. Elo significa un grande instrumento á disposición de visions e intereses que non sempre teñen que ver co desenrolo profesional.
No número do mes de xaneiro de 2007 temos un claro exemplo co artigo de portada sobre a carreira profesional e o seu despregue nas diferentes administracions sanitarias. Nun artigo que supostamente debera facer fincapé no dificil que vai ser homoxeneixa-los diferentes modelos polas súas incoherencias á hora de concede-los diferentes graos e que se convirte nun alegato contra o estado das autonomías e a consecuente administración diferenciada de cadan seu sistema sanitario.
Deixanse a redactora os principios mais importantes no que respecta ó establecemento dun sistema de carreira profesional e que xa teño citado neste blog; por sorte na mesma revista na sección tribuna Jerónimo Romero-Nieva o pon tan claro coma esto: "¿Porqué la llaman carrera profesional si lo que quieren decir es antiguedad por quinquenios?".
Mais aló desta falla de motivación real e de que o sistema de créditos para conquerir os diferentes graos deixa moito que desexar no respecto a obxectividade e ó fomento das actividades que redunden nunha maior calidade da prestación, o artigo mostra moita preocupación polas diferencias monetarias coma si as diferencias no complemento de carreira profesional fosen a supor a maior parte do diferencial entre os soldos percibidos nas diferentes administracions e dando por sentado a máxima "todos debemos cobrar lo mismo" o cal é absolutamente falso pois ó non traballar para a mesma administración non temos as mesmas condicions de traballo e tampouco o custe da vida nos diferentes territorios é o mesmo... !!!quen nos dera cobrar tanto como en Madrid ou Navarra e vivir neste lugar¡¡¡.
Logo pon o foco no tema da reversibilidade que é xustamente un dos fundamentos da negociación; si a carreira é de "ascenso rápido" (4º grao ós 20 anos) se inclue a reversibilidade, se non (4º grao ós 25-28 anos) soe ser irreversible. Eu xa opinei que os grados mais altos deberan ser reversibles dependendo dos creditos de formación continuada, docencia e investigación e que o mantemento do grao non debera supor mais do 50% dos créditos precisos para acadalo.
Pon a voz de alerta pola posible migración de profesionais ás comunidades que mais paguen neste complemento... Sabemos que 'apunta' á comunidade de Madrid e ós 8 hospitais que vai a abrir próximamente; mais, ¿cantos enfermeiros con 10-15 anos de experiencia trasladarán a sua vida por 3000€ mais ó ano a un sitio no que a vida e a vivenda é tan caro como Madrid?. Cada quen xoga as suas bazas, Madrid sabe que vai sufrir déficit de persoal e tenta a sorte con esto, o seu goberno xógase moito no envite pois á hipoteca cara ó futuro que supón o modelo PFI que se vai por nestes centros engade esta carga de unha carreira xenerosa. Os cidadans de Madrid xa teñen asumido un "centimo sanitario" e, legalmente, pódese chegar a 3; logo hai outras medidas sobre a demanda que xa se escomenzan a insinuar...
Entroques non menciona a coñecida picaresca española, por exemplo unha profesional dunha comunidade no que se establecese un nivel previo non retribuido (Andalucia, Valencia, Extremadura, Madrid ou Rioja) ou que recoñecen os servizos prestados como interinos ou a própia situación de interinaxe e que poden "migrar" para conquerir un grao I antes e logo 'saltar' á sua comunidade co grao recoñecido por homologación... Nen a inxustiza que pode supor para @s que se desprazasen agora no "movemento OpeEx" que poden chegar co grao I recoñecido a unha comunidade onde non se teña ainda un sistema de homologación ou, peor, a unha comunidade que non pense en escomenzar a pagar ata o prazo legal de Novembro deste ano.
O positivo, hai debate ó redor desta farsa.
O negativo, céntrase o debate en ideas que apuntan claramente a un ideario político (!!!ESPAÑA SE ROMPE¡¡¡) e non na grande oportunidade perdida que significa a carreira profesional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input