Google+

Voltando a casa...


Hoxe materializase o dito vai uns meses aló no inicio da primaveira...

Un trata de facer o que coida que ten que facer e facelo o mellor posible en beneficio do servicio ás persoas; podía ter collido camiño o mesmo día que o resto mais non me proía deixar as cousas en precario e, vaia, non quería marchar sin "recolle-la festa" vendo que quedara todo en orde como así foi.

É hora de agradece-la confianza de quen me embarcou nesto mais tamén con mais motivo agradece-la acollida e a paciencia ás persoas de tódalas categorías e servizos coas que tiven que me relacionar neste tempo.

Como veño de facer esta retirada ó xeito que pedín facelo (o cal tamén agradezo) cecais queixarme de certo "frio" non é elegante e pode que eu mesmo o causara por seguir coas rutinas de traballo en segundo plano mais o certo é que esta travesía mancoume no ánimo non porque duvide do que fago e porqué o fago senon polos acenos e xestos que percibin.

Na faceta de xestión en coidados a "profesionalización" está reservada a pouca xente; xente que cecais debería ser profesional de todo e saltar dun sitio a outro sen paracaídas do que aparenta que queren destruir; mais no resto dos cadros dos centros malia a que penso que é precisa certa formación específica (o complicado era ata agora facer esa formación) tamén atopo razoable que non sexan "permanentes" senon que representen etapas na vida profesional.

Neste caso eu remato un segundo paso polo escalafón intermedio de xestión nun proxecto arriscado que deu algún fruto e que, formalmente, cumpre o obxectivo proposto en xaneiro de ter continuidade o que me fai moi feliz.

Marcho contento polo moito aprendido, por ter engadido outro campo de inquietude na miña mente que ademais está moi relacionado coa seguridade o que non fai mais que potenciarme.

Non me vou a esconder; a xente que precise de min ten tódolos medios para me atopar e eu tratarei de respostar como o fago sempre tanto ás persoas como á institución nos proxectos onde coiden precisa a miña presencia.

Como non ó falar de "voltar a casa" teño na mente este tema...

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input