Ás veces hai que plantexa-las preguntas de xeito imperioso ou impertinente porque senon córrese o risco de quedarmos baixo unha morea de verbas benintencionadas, asolagados baixo o nivel do "que se pode" e non do "que ten que ser".
Constreñidos polos condicionantes de políticas que non entenden mais que de beneficios e rendementos alguns responsables chegan á conclusión de que o simple discurso altera a realidade e de que a pose feita cartel ou título nun boletín abonda...
Cómo podemos facer unha atención humana, emocional, sen acenos nen segundas intencions si non podemos atender a quen con nós convive? Cómo podemos deixar falecer na nosa porta a outros humanos sen facer un movemento para evita-lo que lles fai vir ata aquí?.
Cónstame que hai profesionais que queren humaniza-la atención dende a base porque saben que esa é unha obriga aparellada mandatoriamente á atención sanitaria; mais U-la a "humanidade" nos decretos?
A humanidade facemola as persoas nos feitos e os papeis lévaos o vento mais non pode haber unha atención "humana" si discrimina entre os que a precisan por motivos estranos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input