Falar do bó pasamento non me sae sin entrar nunha barrena de carga emocional que apenas me permite tomar en conta as cuestions clínicas.... En primeiro termo aínda que os casos mais sangrantes de persoas ás que non se lles deixa ter un bó pasamento son de xente nova con cancro ou enfermedades neurodexenerativas o certo é que a maior parte dos casos e dos custes sociais desta problemática xiran ó redor de persoas como ela con tódolos anos vividos e; o que eu veño en chamar, una "disociación corpo-mente".
Na miña familia tivemos casos dos dous tipos: Persoas maiores con tódala lucidez pero co seu corpo completamente desgastado (ademáis de padeceren enfermidades crónicas e factores de risco levados á catergoría de doenza) o que os ten postrados en cadeiras de rodas ou na cama sen cáseque poderse mover pero comunicándose co seu poderoso ollar...
Logo están os do caso contrario; persoas con "corpo de pedra" e mente... apagada, descoordinada, desconectada... algo que resulta tan terrible como o anterior e cecais mais difícil de entender para os familiares... ves á persoa de sempre, mais non a recoñeces.
E nestas situacions poden pasar... meses, anos... séculos¡¡ E si, non son quen de me pronunciar sobre a facilitación da morte... eu non o faría... non podería facelo mentras me mirase. Pero tampouco podería admitir e non o fago que se empreguen medios agresivos nin diagnósticos nin terapeúticos (xa ata me plantexo que a poñan nunha camilla de ambulancia e a despracen) para actuar sobre manifestacions que son... inevitables.
Coido que precisamos unha mellora na ciencia do bó pasamento unha mellora que poña en valor a menor intervención posible, o menor sufrimento admisible (ningún) e saber atenua-la anguria do inevitable.
Si queríades algo mais intelixible ou mellor redactado podedes leer o que conta @msconcu na súa entrada "Sólo quiero que me cuiden"
EDICIÓN 30/12
O pasado 26 (xa madrugada do 27) sen previo aviso nin queixa o corpo nos deixou.... durmía e non despertou.... agora só nos queda cumprir como ela cumpriu na vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input