Segue o camiño de volta do sistema ultraliberal de sanidade dos EEUU; un camiño que ós que gozamos dunha sanidade universal e, aparentemente, gratuita pode semellarnos curto pero que vindo dun sistema que deixa a millons de persoas sen cobertura e que ten un custe per cápita que dobra o dos paises da OCDE pois é un gran avanzo.
O sector do seguro de saúde nos EEUU está a sufrir un gran incremento de custes que non teñen un único motivo nin unha única solución, pero que está a exacerbar as inxustizas sociais e a causar graves problemas económicos pois moitas empresas non quebran polos custos laborais directos senon polos custos sanitarios dos seus empregados.
A prestación de atención sanitaria é un sector de negocio estrela no EEUU no que os centros non só deben cubri-los seus gastos cos ingresos das aseguradoras senon que deben provisionarse financieiramente fronte a gran obsolescencia das tecnoloxías que se empregan (mais o software que o hardware) e tamén, hai que dicilio, xerar beneficios apra os seus propietarios... Así a presión sobre os custes "negociables" é tremenda.
En fin, un entorno moi complexo no que Obama tenta introducir unha maior óptica social...
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada