O artigo de hoxe en "El Pais" abre ó grande público un debate que corría soterrado entre os sanitarios: As viaxes para obter transplantes que se precisan e non se poden facer eiquí porque, por sorte, os accidentes de tráfico teñen disminuido e ás doacions, por desgracia, non cadran coas necesidades dos doentes (tipo Histocompatibilidade).
Teño as miñas dúbidas de que plantexar esto en voz alta non resulte perxudicial para o SNS ou a ONT, pero esconderse da realidade sería un erro maior; de feito é unha mágoa que non se abran outros debates públicos de bioética que son tan necesarios como este.
O valor individual da vida de cada un fai precisa unha resposta a unha necesidade; pero, pódese chegar a arbirtrar na vida de outro para acadar o recurso necesario?. O artigo dí ás claras que os órganos implantados proveñen con alta probabilidade de doantes mortos EXECUTADOS pola dictadura chinesa.
Entón existe alto risco de que as autoridades chinesas teñan un "stock" de condeados a morte que esten á espera dunha 'necesidade' para.... a verdade é que só de expresar esta teoría se me revolve o estómago (e traballo no que traballo).
Pero hai intereses de outros comercios e outras vendas que se fan con China que, semella, van primar sobre o necesario bloqueo destas prácticas tan pouco éticas. Malia o oportunismo político que está detrás desto o certo é que hai que tomar algunha acción.
Corremos o risco das comparacions con prácticas que si están legalizadas pero as podemos afrontar sin medo porque esta monstruosidade non pode quedar no silencio.
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada