Google+

As vellas novas pestes

O DIA da Tuberculose Médicos sen fronteiras e outras organizacions nos quixeron lembrar o mal que se fan algunhas cousas...o problema é que a TB sí que está a medrar no noso medio peligrosamente e non só pola cantidade de casos, senon tamén pola "calidade" dos mesmos; si é que a enfermidade ten graos de calidade. O que torpemente tento dicir é que o que alegrmente se vendeu como unha enfermidade superada está a xurdir con formas e resistencias froito, entre outras cousas, do abandono no que a investigación ó redor desta pandemia (si, outra volta a verba marcada) está sumida dende os anos 50 malía ós coñecidos efectos colaterais do tratamento habitual.

Non vos é unha leria... eu coñecín e traballei con xente que, de súpeto, se atopou cun foco primario de TB e viu alterada a súa vida dabondo... E lembro a realización dos PPD como parte dos estudos de saúde laboral, pero agora...

Os departamentos de medicina preventiva e de prevención de riscos laborais deben actuar de policias dos casos que se coñecen e poñelo no sistema de saúde pública pero as cousas precisan algo mais que un sistema de vixilancia e neste caso os datos ahí están para quen os queira entender.
FACEDE O TEST SI VOS APETECE...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input