Google+

As enfemeiras como frontón

Unha das actividades que mais cansa ás enfermeir@s é o que eu dou en chamar o 'xogo do frontón'; ese no que dous "rivais" pasanse unha pelota batendo nela para que rebote nunha parede e volte cara ó outro.

Pois así pero con múltiples facetas están as enfermeiras en moitas unidades e servizos. Como un frontón no que baten as pelotas que uns asustados e desorientados acompañantes envían a non saben ben qué 'responsable', as pelotas que uns especialistas envían cara outros ou cara a servizos centrais, as que a propia administración semella enviar cara a alguns profesionais...

As enfermeiras semellan enfrontar esto como as rochas enferntan ó mar...sufrindo un desgaste invisible, mais doloroso. Así non é de estranar que, de cando en vez e sin un motivo inmediato aparente, se produzan "chamadas desesperadas" por situacions anodinas (ou que a un observador externo llo parecerían)... sempre pensei que si o simil fose válido todo ese desgaste debera dar como froito as probas precisas para orientar mellor a atención ós doentes, para organizar mellor a comunicación entre servizos e para un mellor entendemento entre equipos de traballo... porque do desgaste das rochas saen pequenos grans que son levados pola corrente e o que compre é ter a habilidade de xuntalos para facer a praia.

Hai moita literatura sobre os efectos dese xogo do frontón na motivación e o "rendemento" (non gosto do termo, non somos unha fábrica) mais pouco se fai no noso medio para recoller as valiosas leccions que nos poden brindar as mensaxes de fondo dese desgaste...seica o enpowerment vai por esa vía; pero do deseño e os discuros ós feitos aínda vai un camiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input