Google+

A primeira sempre é a que mellor lembranza deixa?

Non sei si nesto da publicación será como noutras facetas da vida; o certo é que fai xa uns días que recibín o correo de confirmación do que debera considera-las miñas primeiras publicacións internacionais; dous Rap sheet que fixen como parte do inconcluso curso RapCap do JBI.

Neste caso valoro e resumo o estudo "A randomized crossover study of silver-coated urinary catheters in hospitalized patients" publicado por Karchmer, TB et al; en Archives of internal medicine;nº 160; Páx 3294-98; no ano 2000.

O segundo artigo que resumo está vencellado ó anterior; "Breaking the silence: Women living with multiple sclerosis and urinary incontinence" publicado por Tina Koch, Debbie Kralik, Sue Eastwood and Ann Schofield; no 'International Journal of Nursing Practice'; vol. 7; Páxs 16-23 ;en 2001. Resultoume algo mais dificil de valorar dada a miña curta experiencia coa grande arma que a investigación cualitativa representa para a enfermería.

O certo é que esta ferramenta (o RAP maker) como outras mais específicas requiren certa práctica agas uns coñecementos previos pero son prácticas e permiten dar o que eu chamo o "paso atrás" para ve-los artigos coa mirada escrutadora e sen influenzas estranas que tanto se precisa nun mundo, como ben se ve nesta entrada do amigo Bonis, no que ás veces ata o que mellor reluce non é mais ca o engano dun negocio...

A ver si remato xa a lectura do artigo da revisión sistemática e paso ó seguinte módulo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input