Que a psique ten moita influencia no estado de saúde das persoas é algo ben coñecido aínda que cecais pouco estudado... malía a coñecelo non podo deixar de expresa-lo meu asombro ante a demostración práctica de como algo que pode semellar absolutamente irrelevante ou testemuñal, algo que semella ter mais que ver coa imaxe que coa realidade fai tanto efecto nas persoas.
No día de hoxe tocoume acompañar a unha visita un tanto especial polas habitación de todo o centro e abofé que si o sei levo un rexistro ou gravación ou tomo notas 'organizadas' de como foi que cada persoa reaxiu a esta coñecida pero inesperada visita... Verdadeiramente foi unha boa experiencia comprobar como as facianas das persoas enfermas e os seus sufridos acompañantes se iluminaban ainda que fose só momentaneamante pola presencia do magos de oriente e a particular figura de Chalupa (o apalpador berciano).
Sería algo digno de estudo si soubese como enfocalo.
A min? Carbón...que son moi malo.
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada