Menos mal que un mollo non fai un palleiro...

Porque con estudos como este... habería quen se botaría a fumar.


DEIXAR DE FUMAR INCREMENTA O RISCO DE DIABETES

Ou eso dí un estudo publicado en "Annals of Internal Medicine" e que xustifica este achádego pola tendencia a gañar peso das persoas que deixan de fumar...

En concreto o risco incrementase nun 70% nos primeiros 6 anos tra-lo abandono do tabaco.

Evidentemente o que verdadeiramente hai que facer é o que xa se fai: Fomenta-lo abandono do hábito tabáquico e facelo baixo a supervisión e coa axuda de persoal sanitario aplicando as técnicas de apoio que eviten o retorno e as posibles complicacions asociadas (e descritos en numerosos estudos).

O problema, como en tantas veces, non é o estudo en sí que axuda a valorar o que poderíamos chamar un "efecto colateral" do abandono do tabaquismo; mais ben o problema é como xa se comentou noutras entradas e se fala en moitos blogs sanitarios que a difusión destes estudos nos medios de difusión xeral se debe facer por xente experta que teña coñecementos de investigación sanitaria e comunicación.