Os britons sempre nos levan avantaxe no malo mais tamén no bó.
Coincidindo coa publicación dun libro-informe sobre a sustentabilidade futura e a calidade no NHS estase a extender que os centros e servizos recaben unha resposta inmediata dos doentes de como percibiron a súa experiencia de atención de xeito que con trebellos como este...
Cada doente (supoño que tamén os acompañantes) resposta a cuestionarios redactados polo propio centro e que debera reorienta-las accions futuras dentro dunha planificación PDCA. A inmensa cantidade de datos que un sistema así pode recabar e a calidade dos mesmos (pola súa inmediatez) fai deles o mellor sustento para un traballo completo no eido da calidade si a información circula; esto é, si pasa dos filtros dos 'responsables' á plantilla do centro como os casos que describe este artigo. Porque a calidade a diseñan os responsables mais a facemos TOD@S e si non se quere que a calidade sexa 'executada' non se pode tratar ás persoas (e menos ás que teñen formación) como simples executores.
Polo tanto é preciso retroalimentar ós traballadores, mais non abonda, hai que darlles voz, dun xeito organizado; si, pero hai que escoitar porque as alternativas mais brilantes i efectivas xurden de quen está 'sobre o terreo' malia que tamén (non esquezamos que a motivación traballa) evitando que as iniciativas se tomen só en virtude do que os traballadores determinen e non das necesidades e valores dos usuarios.
A ampla visión do goberno británico sobre o tema e o respeto que se manifesta pola profesión enfermera, polo menos a nivel organizativo, acaba por brindar oportunidades e desafíos como a morea de información que se pode recibir dunha metodoloxía así. Agora, antes de implantala conviria unha aprendizaxe metodolóxica á hora de saber sobre que aspectos preguntar, con que linguaxe preguntar e como procesa-las respostas; outra volta formación e mais formación.
Por último facer un apuntamento a que esa resposta inmediata non debe se-la única fonte de información e que igual que ó comercio ou á industria lle xurden grupos de seareiros que comentan, opinan e divulgan na rede e nos grupos sociais os servizos públicos tamén acabarán aproveitando as ferramentas da web para percurar, discriminar, procesar e aproveitar a información e a resposta dos seus usuarios nos seus procesos de mellora... hai unha morea de información alí fora; porqué non imos a por ela?
Por exemplo creando un blog de usuarios do noso centro/servizo, ou un grupo en Facebook. Ou permitindo comentarios (ben regulados, claro) na propia web do centro...só hai que ter medo a facer as cousas de espaldas ós usuarios.
EDICIÓN 12/2/09
Do libro citado arriba quero destacar unha frase de Lord Darzi of Denham que relata como en dez anos pasou de se-lo único ciruxán de ciruxía colorectal do seu centro a formar parte dunha equipa de catro que traballan nunha rede que abrangue ata a atención primaria e de ter unha enfermeira para coidados de estomas a tempo parcial a ter dúas enfermeiras a tempo completo para os coidados dos estomas, dúas enfermeiras especialistas e unha consultora... Son datos que reflicten o pulo non tanto cuantitativo como cualitativo da profesión enfermeira no RU.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input