Google+

1 prescrición ou 17?

A junta de Andalucía ven de conqueri-lo consenso entre os consellos de médicos i enfermería para que se poda levar a adiante a regulación legal das accións de prescrición que @s enfermeiras do SAS realizan de xeito rutineiro ‘por fora’ da lexislación actual.

A realización deste consenso e o conseguinte proxecto de decreto de regulación da prescrición de medicamentos e materiais sanitarios por parte da enfermería en Andalucía non está exento de ameazas por parte de sectores mais corporativistas e tamén pola propia evolución do asunto no ámbito estatal por mor do recente consenso entre as forzas maioritarias para reconducir a modificación da “lei do medicamento” cara a unha norma mais multidisciplinar que contemple a prescrición de medicamentos por parte da profesión enfermeira dentro de unha regulación e consenso interprofesional.

Non cabe dúbida que unha cousa tira da outra, esto é, a publicación do proxecto andaluz e as reiteradas declaracións da conselleira catalana no mesmo sentido froito da resolución en falso da lei do medicamento deron o pulo preciso para que o consenso se acadase en Madrid.

Agora estase, penso, nunha carreira para ver si temos 1 norma estatal xeralista ou se deixa correr ás comunidades (que teñen competencias na sanidade transferidas) as súas particulares carreiras de promoción desta necesaria ferramenta.

Coido que non son eu a quen se vai a sinalar como “centralista” si argumento por unha norma estatal clara, concisa e con aspectos abertos; unha norma que faga de marco firme no que cada administración poda desenrolar as súas competencias, planificar consonte ás súas necesidades e recursos e programar segundo a importancia que lle conceda a este aspecto da atención, ós rendementos que coide que se poden acadar del tanto por parte do sistema como dos profesionais e doentes.

Das reaccións coñecidas quédome coas que apuntan a unha mais alta responsabilidade para os profesionais enfermeiros o que levará, inevitablemente, á necesidade de unha maior e mellor formación sempre co foco posto nunha atención mais centrada no doente e nas súas necesidade e na súa seguridade.

Si na carreira profesional coido que se acadou un equilibrio entre a norma única estatal que algúns reclamaban e un ‘salvese quen poda’ que se quixo levar a cabo nesta ocasión coido que tratándose de algo que afecta ó xeito mesmo no que exercemos as nosas competencias profesionais a norma básica debe abranguer mais con claridade e deixar explícitos os puntos nos que as variacións (por dispersión, por complexidade...) se deixan á regulación autonómica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input