Fai un tempo que eu neste e nos outros blogues non permito comentarios automáticos (mais sí os anónimos) polo tema do spam. Os comentarios permiten que os blogues sexan o que son e fan deles algo mais dinámico e vivo polo que algunhas organizacions o escolleron como vehículo de comunicación coas persoas ás que representan. O asunto é cal é o ambito de representación.
Vendo o que lle sucede ó mellor blogue no aspecto informativo que coñezo vou facer unhas cantas consideracions sobre ese ámbito de representación e a dupla á que se está a xogar e que non ten nada de nova; é exactamente igual que nos parlamentos.
Os sindicatos son organizacions de traballadores en xeral ou por ámbitos que xurden para defende-los seus intereses dende unha determinada perspectiva e cunha estratexia común segundo as decisions mais ou menos democráticas "dos seus afiliados". Na administración pública os sindicatos obteñen representatividade diante da administración en virtude dos resultados acadados nas eleccions ás xuntas de persoal. As xuntas de persoal son os órganos de representación de tódolos traballadores dun determinado centro de traballo diante da administración. E xa temos o lio... Un membro da xunta de persoal semella que só é representante de tódolos traballadores (ou nin eso) cando está a tratar coa dirección do centro que sexa segundo que asuntos; para todo o demais coido que cada sindicato pon por diante as súas estratexias ainda sabendo que o seu "poder" negociador lle ven polos resultados acadados en todos e cada un dos centros de traballo...
Nas eleccións á xunta de persoal vota todo o persoal fixo (activo ou de baixa) e o contratado que estivese contrato en vigor dende unha determinada data antes das eleccions polo que, dependendo de cando se celebren -por exemplo agora-, haberá mais ou menos votantes contratados. Mais as eleccions son cada 4 anos e as cuotas páganse tódolos anos (coa periodicidade que sexa).
Unha vez feito este apuntamento dicir que coido que ten un merito importante actualizar o xeito de traballo e levar a información con inmediatez a un blogue; para min as negociacions son algo oscuro que acontece en Valladolid e das que me entero por carteliños que se colgan nos taboleiros do servicio varios días dempois cando se queren percurar apoios á accions de presión...non podo opinar ou non queda cosntancia do que outros opinan.
Ese é o valor do blogue citado; a constante información actualizada, a corrente de comentarios e respostas, a escoita de toda a xente que alí escribe... mais todo ten un límite e para elo está a moderación de comentarios...pode que non semelle moi democrático decidir que se vai publicar ou non; pode que con ese volume non resulte operativo. Pero a decisión que toman vai levar por diante a unha boa parte do valor engadido dese blogue.
No canto do asunto polo que hai a polemica e sen entrar no detalle: E sería un crime que un sindicato defendese un modelo de oposición que favorecese a unha maioría dos seus militantes?.
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada