Nada mais darlle ó botón de "publicar" xa me decatei do que me quedou fora...
Un dos motivos que os sindicatos participantes na estatutarización do persoal das fundacions alega é o da igualdade perante a administración de tódolos que traballamos para ela. Mais resulta que, a pouco que se mire, dito argumento ten tantas fendas que repousa no fondo do mar dunha realidade que dista moito de seren igualitaria.
Sómente dentro da sanidade atopamos moi diversas relacions contractuais que xeran tamén moitos graos de privilexios e discriminacions na realidade do traballo diario e nos dereitos que eses tipos de contratación confiren. Iso deixando aparte ó resto de traballadores das administracions nos que se producen incongruencias tales como poderen optar polo aseguramento privado cando a própia administración ten que provee-lo aseguramento público. É como si nas oficinas de Coca-cola as máquinas expendidoras foran de Pepsi.
Logo está o dos sistemas selectivos tanto para o emprego fixo como para o emprego temporal; temos que aínda hai "titulares" que teñen dereito a escoller ó seu substituto... no canto de outros subtitutos que asinan contratos por horas de xeito que se lles pode contratar 365 días do ano e liquidárllelos igualmente.
Xa fixen referéncia ás oposicions encubertas 'de facto' a persoal estatutario que se fixeron o mesmo día que as oposicions do SERGAS nas fundacions afectadas polo proceso de integración; outro grande exemplo de igualdade de oportunidade que nos ofrecen os sindicatos.
Agora ven outra que tal baila; na constante percura da estabilidade mal entendida (ser interino e levar 20 anos NON dá dereito a posto fixo) se van a facer oposicions con prazas restrinxidas para os interinos na consellería de sanidade. Non só precisan da vantaxe comparativa dos anos de traballo senon que fai falla que lles eleminen as herbas do camiño para que podan chegar... ¿e se non aproban?, pois outros 20 anos de interinos; total, agora cobran os trienios... bueno, seica é moi duro estudar unha oposición unha vez que traballas e por elo temos o cadro dos interinos cheo de liberacions sindico-políticas e baixas.
U-los os xusticieiros sindicais da igualdade?.... chssss que están a estudar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input