Google+

Debate fragmentado

A propósito da posible presentación dun recurso ou demanda contra da integración do persoal das fundacions galegas como persoal estatutario e a miña vella teima de que o modelo de prestación de atención sanitaria mediante Novas formas de xestión non foi debatido seriamente e, por elo, cada quen chega ás conclusions que mais lle petan segundo os seus prexuizos.

Digo que co galo desa reflexión vou facer unha escolma das miñas chuzadas e comentarios sobre o tema co ánimo de constatar as miñas contradiccions que non son mais que a expersión do que debe ser un debate: argumentos a prol i en contra porque, como xa dixen: o gañador vai ser o modelo mais privatizador e detrás da provisión da asistencia sanitaria irá o aseguramento.
O sector público desarmase e volta a "pelexar coas mans (mellor dito cos papeis)" contra a flexible e ben engraxada maquinaria da sanidade privada, moi concentrada ela en tódalas prestacions que ofrecen 'valor engadido' deixando para a EXCLUSIVIDADE o que non é rendible.
En primeiro lugar o modelo NON é novidoso, leva 40 anos aplicandose noutras autonomías cos mesmos problemas financieiros que todolos hospitais... a "facturación" da actividade NON chega para pagar tódolos gastos xerados.Por iso me extranei do silencio dos promotores do modelo en Galicia cando a propia xunta de Fraguestein asinou (2005) o acordo para a integración do persoal das fundacions no réxime estatutario e, como consecuencia, a disolucion de tales organismos.
Agora será o momento de lle preguntar ó Sr. Feijoo (presidente do SERGAS cando se 'pariu' o invento) ¿onde quedou o marabilloso modelo que ia a asombrar ó resto do estado?.O certo é que no resto do estado se está a apostar pola xestión privada dos centros e servizos públicos tanto nas autonomías do PP como nas do PSOE
Resultame curioso que para levar a cabo unha decisión política se teña que recurrir a argumentos peregrinos ou a crear unha especie de opinión xustificadora...
A conselleira escenificou un motivo económico para o cumprimento dun punto programático do acordo que sustenta ó goberno. Esqueceu mencionar que a débeda de calquer outro centro sanitario público é igual ou superior (en €/cama) pero que quedan 'enxugadas' directamente nos presupostos da comunidade. Esqueceu tamén mencionar que o mesmo modelo se ven a desenrolar en andalucía (gobernada polo P$o€) baixo a etiqueta de "empresa pública" e co mesmo problema de desequilibrio financieiro(...)se dá a entender que SÓ as fundacions teñen débeda e que eso é falso; tamen reitero que o P$o€ non é quen de darse golpes no peito neste aspecto pois en varias autonomías que goberna (con especial relevancia en andalucía) se teñen constituido e funcionan "empresas públicas" que xestionan recursos da sanidade pública.
Claro que; dunha CONFUSIÓN DE ARGUMENTOS só pode sair unha confusión de resultados.

En priemiro lugar para a imaxe que se ofrece dos profesionais que traballan neses centros... A maioría traballan neles en exercicio do seu título profesional oficial que é idéntico ca o dos profesionais que exercemos no sistema estatutario e posiblemente leven a cabo mais funcions e teñan unha carga de traballo superior á dos centros do sistema estatutario.
Preocupame o tema da imaxe dos profesionais pois, como é ben coñecido, a relación dos doentes coas persoas que os atenden baséase na CONFIANZA e ista ven ligada a esa imaxe que se teña sobre a capacidade do profesional; polo que, todo isto e as acusacions que xa se fixeron dende o mesmo intre da apertura dos centros dificultan e diminuen a comunicación e a atención en si mesma.

Logo están as dúbidas sobre a legalidade do sistema de selección...
Bueno, no tema do emprego nas fundacions houbo varias fases atendendo á cronoloxía.
Período 1993-1996 (antes da lei mencionada por Postscriptum)

En 1993-1994 Predominaron as probas selectivas co espiritu da empresa privada e que poderíamos considerar 'innovadoras' (test psicotéctnicos, redacción de proxecto, entrevista...).
O emprego que se acadaba non era, nen moito menos, estable; contrato de 'inicio de actividade' por 6 meses renovable ( ou non -6 casos- ) ata os 3 anos; contratos laborais que podían rescindirse sen mais cun preaviso de 15 días e a correspondente indemnización.
Neste mesmo período alguns dos facultativos que prestaron servizos o fixeron en virtude a contratos mercantís o que causou bastante polémica -percurade nas hemerotecas-

En 1994 e 1995 as contratacións novas e as substitucions se fixeron ó mais puro estilo da empresa privada; se contratou directamente a persoas que estaban inscritas como demandantes de emprego no INEM e que posuian o título necesario para o desempeño das tarefas. Co mesmo tipo de contrato ou con contratos 'por obra ou servizo'. Pode que algunhas destas persoas SI teñan problemas para acada-la estatutarización dependendo de si quedou rexistrada ou non a realización de algunha proba selectiva con posterioridade para a conversión do seu contrato a contrato laboral fixo; cousa que aconteceu xa en 1996 co cumprimento dos 3 anos dos primeiros contratos e a entrada en vigor da Lei 10/1996 xustamente xerada co galo dos trocos na equipa directiva do SERGAS pola marcha de Romay e compañía cara a Madrid.

Dende 1997 foise implantado de xeito lento o emprego de listaxes baremadas para a contratación temporal e a convocatoria de probas selectivas para o acceso a contrato laboral fixo. En ningún caso os comites de empresa tiveron acceso a ises procesos (polo menos ata 1998) nen participaron nas negociacions das que sairon as normas dos mesmo e os seus baremos pois, simultaneamente; coa aparición dos centros de Cee, Ribeira e Vilagarcía a consellería procedeu a centraliza-la toma de decisions neste aspecto.
Que depararán nunha longa xeira de recursos sobre temas laborais e remunerativos.

Todo elo enrredado coa fixación que teñen os dirixentes políticos do goberno e a oposición de emprega-lo tema das esperas como arma... e as falsas espectativas que se crean na cidadanía no que á participación obxectiva na xestión dos centros se refire.

Supoño que voltarei a deixarme cousas sen dicir... son mal redactor e teño moi pouco tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input