Google+

Zorongollo ou batiburrillo

Seica unha das misions do colexio profesional e facer de albacea ou gardian da lóxica ordenación da profesión, da súa formación académica e do seu desenrolo, fomento do progreso dos invidiuos que formamos parte dela e dos diversos campos nos que ten competencia (asitencial, difusora, conselleira, docente, investigadora e desenroladora de novas oportunidades).
Mais nestes 15 anos que levo vivindo do arte e oficio de coidar a evolución dese ordenamento foi bastante caótica i está a piques de desembocar nunha ruptura do corpo profesional.

No plano académico, ainda que outros queiran 'vende-la moto', os trocos que agora afectan á formación dos futuros profesionais e ás oportunidades de verdadeiro progreso dos titulados actuais veñen impostos pola chegada do Espacio Europeo de Educación Superior (EEES) que colle ó calcetín das titulacions universitarias, sacódeo, dalle a volta e volta a viralo... Cando nos rematamos a Diplomatura aínda aniñaba no exercicio da profesión (sobor de todo no eido da administración pública) o conflicto ATS - DUE; conflicto que só viña, na práctica, do nome pois; agás a restricción do acceso á docencia universitaria, a equivalencia profesional era absoluta de tal xeito que aínda agora moitos titulados ATS non viron a conveniencia de face-lo curso de nivelación.

A chegada do EEES significa o reto de acadar unha titulación superior (Grado= "licenciado") o que comportará novas oportunidades profesionais de desenrolo e de competencias que non están aínda ben especificadas.
As dúbidas respecto á homologación ou nivelación do actual título de diplomado cara ó novo título de grao non deberan ser tal pois, no fondo, entre ambas dúas haberá; como moito, 60 crétos ETCS correspondentes a materias de nova implantación -informatica, xestión...- e de libre configuración. Onde se me plantexan preguntas abondo é a hora de que os 17 sistemas sanitários e socio-sanitários públicos (os principais fornecedores de postos de traballo) aborden a oportunidade que eses titulados superiores (novos e/ou homologados) lle brindan na tarefa de conqueri-los obxectivos marcados mercede ás novas capacidades profesionais que lle poda conferir esa formación: A Lei de Ordenación de Profesions Sanitárias (LOPS) é clara ó sinalar que as funcions profesionais veñen marcadas polas capacidades obtidas na formación.
Así as cousas as administracions no seo do consello interterritorial xa están a preparar unha reclasificación profesional das categorías do SNS; un dos plantexamentos é crear unha 'segunda división' dentro da categoría "A" (A.1 e A.2) para mante-las diferencias retributivas a pesares de tratarse de títulos do mesmo nivel teórico.
Para mais embrollo do asunto os plano do MEC respecto ás carreiras da rama sanitaria incluen outorgar unha titulación 'intermedia' ó superaren os 120 cretos ETCS... suponse que se tratará dunha titulación que permita "convalidar" cretos entre titulacions e nada mais; especulacions.

Peor se plantexan as cousas no tema das titulacions de Postgrao, en grande medida debido á ambición e ó afán de notoriedade. Mercede a 'valeiros legais' e 'camiños tortos' xa hai tempo que alguns exiben títulos de "doutor en enfermería" accedendo a eles dende outras licenciaturas, a esto se engaden a cantidade de títulos própios de universidades españolas que, dende o campo da rama biosanitaria ou dende ramas afins do campo das humanidades, veñen expedindo "expertos", "maestros" etc. Súmadelle os titulos de universidades extranxeiras (da UE e de paises con convenio de recoñecemento mútuo de títulos) e como cúspide de todo ese embrollo e cos motivos que vos sinalei ó principio xa temos universidades españolas impartindo títulos OFICIAIS de "master e doctorado" de enfermeiría denantes de que o própio título de grao de enfermeiría se poda obter nun exemplo moi claro de "Face-la casa polo tellado".
Esto representa outra 'pelota' no tellado das administracions (sanitaria i educativa) que deben coidar de darlle un aproveitamento das capacidades de todos eses profesionais reflexandollo administrativamente...

E temos TOD@S un reto mais importánte que afrontar; o da formación d@s futur@s profesionais pois, sexa cal sexa a sua futura titulación i escalafón administrativo correspondente, o certo é que a meirande parte das capacidades técnicas e de toma de decisions se adquiren na formación práctica e que esta debe se-la primeira en toma-la altura do que será o futuro do exercicio da enfermeiría. É por elo preciso que asumamos un novo modelo formativo alonxado do adestramento técnico e resolución de problemas e que nos achegue a unha práctica reflexiva e participativa na que tanto os profesionais activos como @s alumn@s dialoguemos entre nós, con nós mesmos e coas situacions que afrontamos e as fontes de coñecemento que temos para acadar, en cada actuación, unha solución óptima e razonada.

No plano profesional atopamonos (tódalas profesions sanitarias) coa dicotomía de ter ante nós a aparente oportunidade de progreso profesional que, na realidade, nos alonxan do progreso académico dividindo ós profesionais e ás súas titulacions entre as que ofertan un avance académico ( grao e postgraos) sen un reflexo claro no eido laboral e unhas titulacions (porque son expedidas polo MEC) que ofrecen un avance no nivel laboral - administrativo mais que non se correlacionan coas titulacions académicas...Refírome, claro está ás especialidades.
Trátase de titulacions expedidas polo MEC e obtidas polo sistema de "residencia" facendo unha verdadeira declaración de intencions respecto do obxectivo das mesmas: Conquerir profesionais con capacidades moi concretas para eidos moi específicos da atención.
Porén o certo é que non cumplen a súa función por moitos motivos. Un deles o xa citado en varios post da inoperatividade das especialidades aprobadas vai 2 anos atrás, por outra banda a inexistencia de categorías -e postos- de traballo para estes profesionais (na administracion) e ainda mais alá; as condicions laborais desa formación que, malia as recentes negociacions, seguen a ser duras dabondo. Logo está o tema da verdadeira finalidade da creación e do "reparto" das especialidades; así temos que campos tan especificos en eidos tan concretos como os coidados intensivos, a dialise, o quirófano... quedan todas agrupadas nunha única especialidade MEDICO-CIRÚRXICA mentres que o eido da atención primaría semella "acorazado" tra-la especialidade de COMUNITARIA como un recurso para evitar transferencias indexesabeis de profesionais de avanzada idade cara ós centros de saude... En troques á profesión médica créaselle a especialidade de mediciña de urxencia (que xa conta con categoría profesional estatutaria en Galicia) e a enfermeiría non, ¿alguén explicará porqué algún día?.

No plano administrativo atopamos o correoso tema dos "quinquenios para todos", perdón da carreira profesional. Podo ser inxusto ó xulgar o tema agora que ainda estamos no período de implantación e nas fases de 'accesos extraordinarios' mais xa teño citas abondo sobre o tema e tanto no meu círculo próximo como nos contactos que fago cando rulo por eses lares de deus vexo que moita xente opina coma min no senso de que o actual plantexamento NON MOTIVA, NON INCENTIVA E NON PROMOCIONA.
Por riba temos o problema da equivalencia territorial que malia a estaren claramente expresada no BOE de abril segue a ser criticada polo feito de que se paguen diferentes cantidades nas distintas administracions sanitárias e, digo eu, tratase xustamente dun instrumento administrativo de incentivación que debera estar orientado á actividade e á calidade da mesma no que cada xestor pode creer mais ou menos ou esforzarse mais ou menos en facelo operativo e práctico.

Podería facer unha chea de propostas sobre como confluir esa dicotomía academico - profesinal á que semellamos estar abocados e na que se pode perde-la esencia de boa parte da enfermeiría como a entendemos pola separación entre os que temos que axudar na formación práctica e quenes impartan a académica; mais xa abonda de verbas por hoxe.

Só quero facer un chamamento ós responsabeis académicos, xestores e colexiais para que sexan cales sexan as solucions que vaian adoptando a este barullo se faga coa óptica do aproveitamento das competéncias profesionais actuais e futuras adquiribles academicamente e/ou por formación 'na fronte' de tal xeito que a enfermeiría deixe de aspirar a "papeliños" e a 'facultades' (como os superheroes) e pase a aspirar a RESPONSABILIDADES segundo esas capacidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input