Google+

A enfermería que virá

O Xoves fumos a un evento o que; en principio, se podería pensar que acudimos por compromiso ou por facer 'tourismo', mais debo dicir que o que alí escoitei e do que alí se falou causou un profundo e aínda non ben calibrado impacto na miña concepción profesional; dende recoñecer que fago ata porqué o fago e, o mais importante, sobre como o fago.

A "Jornada de enfermería:Un nuevo siglo, una nueva enfermera" Organizada polo hospital de Fuenlabrada tiña un curto mais apaixonante desenrolo do que abordarei os tres aldabonazos que mais petan na miña mente inda hoxe.

O profesor Jose Luis Medina Moya deu unha conferencia que; tanto polo título como polo apurado do seu desenrolo, podería semellar inconexa.
Nada mais lonxe da realidade; nunha especie de "abre os ollos" se tentou de que replantexemos interiormente as bases mesmas do que pensamos do traballo enfermeiro alonxándonos un pouco do pensamento reduccionista que impera tanto no eido laboral como no campo da formación (a que recibimos e a que agora impartimos). Así, cando se abordou tradicionalmente a disciplina enfermeira se fixo unha 'deconstrucción' de movementos (técnicas) de xeito inconexo entre sí e coa realidade do medio no que se aplicaba.
Quedabamos pois, @s enfermeir@s como operarios que realizabamos tarefas definidas e cronometrables que se podían valorizar e restructurar como nas cadeas de producción masiva industrial para conquerir un maior rendemento. Mais a realidade; lonxe de esto, demostra reiteradamente que a práctica profesional vai mais aló; pois debemos aplicar unha serie de habilidades e coñecementos (adquiridos na formación ou pola experiencia) que, conxugadas nas circunstancias concretas de aplicación, poden (e DEBEN) sáirse da ringleira marcada na análise: "saltandose o protocolo".
Esta realidade complexa da práctica enfermeira debe de estar presente tamén no proceso formativo non só a nivel teórico senón tamén na práctica; de tal xeito que, dende o principio, @s futur@s profesionais vexan a cantidade de interrelacions que existen entre os múltiples coñecementos que adquiren (fisioloxicos, farmacolóxicos, etc.) e como esas interaccions se modifican á luz das circunstácias concretas da persoa e o medio no que se presta a atención.

Sobre esta "prácica reflexiva" atopei un interesante documento na web que vos recomendo ler.

Logo Mª Eulalia Juvé Udina nos falou de como SI se está a tomar en serio á enfermería en cataluña; non só coa creación do consello da profesión enfermeira de cataluña (organismo de relación entre a profesión e a administración) que tomará decisions vinculantes na política sanitaria senon coa abordaxe do deseño de unha ferramenta (COM_VA:Definición y evaluación de competencias
asistenciales de la enfermera
) que permita a realización dunha valoración obxectiva da práctica. Este instrumento ofrece varios puntos de interese ó meu modesto entender.
En primeiro lugar trátase dun traballo ben plantexado metodolóxicamente que percura unha ferramenta para a avaliación obxectiva da competencia enfermeira "dende dentro" pois se elaborou estudando as definicions que unha mostra (cunha distribución estudada) de 500 enfermeiras clínicas fixeron do seu traballo e do que se considera correcto dende o punto de vista da 'competencia' nas súas vertentes individual (conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes) e grupal (ámbito da responsabilidade como profesión). Estudaronse as respostas dende a óptica do modelo de adquisición de habilidades humanas (Coñecentos teóricos, Prácticos, Metodolóxicos e Afectivos) e se xeraron 6 eixos competenciais (Coidar, Valorar-deseñar-executar-evaluar, Axudar ó autocoidado, garanti-la seguridade e o proceso asistencial, facilita-la adaptación e o afrontamento; e traballar en equipa e adaptase ós entornos cambiantes) que se poderían avaliar por separado e de xeito numérico para obter un resultado global.
Seguidamente o instrumento foi validado cun estudo que percurou a viabilidade, a validez e a fiabilidade do instrumento.
Coa súa aplicación este ano á nova carreira profesional o ICS (55 créditos dos 75 totais da faceta asistencial) achegarase un pouco ós verdadeiros obxectivos que este sistema debera ter: Valoraiza-la práctica profesional reflexiva (Compartir, buscar, reaprender).
Logo, nunha conversa informal confirmounos que o instrumento é aplicado polo própio traballador e polo seu inmediato superior, recurrindose a unha terceira evaluación si existe unha diverxencia "superior a 2 puntos" da escala o que disminue a complexidade e outros procedementos obxectivos coñecidos que precisaban a xuntanza de comisions avaliadoras.

Para terminar Paloma Salvadores Fuentes fixo un plantexamento do confuso marco que rodea á profesión enfermeira no que respecta á titulación profesional en sí e ás súas posibilidades de crecemento académico... mais todo elo o tentarei de tratar noutra entrada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input