Dous exemplos dos mais coñecidos son: A liberación sindical e as Comisions de Servicio. A primeira é evidente que NUNCA se vai reformar nen reorientar para que volte a cumplir a súa función pois a administración mantén contento a quen debera ter sentado á fronte e os liberados e as súas organizacions... non teñen porqué ter interés.
A segunda coa excusa de servir para solventar situacions familiares e particulares moi difíciles saiu do seu emprego para postos de confianza ou que requerisen certa cualificación da que non se dispuña no centro solicitante e agora son o "caixón de sastre" da colocación administrativa. Coido que un mecanísmo que é subxectivo e discrecional non pode ser considerado por que representa ós traballadores en función dos "casos sociais" que axuda a solventar, mais ainda cando se trata dun mecanismo temporal de ida e volta. Si se quere ter un xeito de axudar á xente nos seus problemas de distanciamento familiar (poño por caso) a solución pasa por un DEREITO: no meu xeito de ve-las cousas unha especie de concurso de traslados permanente ou de convocatoria anual obrigatória(coma na educación)cun baremo obxectivo para que cada quen soubese ó qué aterse. Se cadrar tamén se podería inclui-la figura do "traslado por familia" (coma o antergo "traslado por consorte").
Os movementos se suceden coma os "tempos políticos" xa aprendemos que QUEN SE MOVEU NON