A Teresa Romero:
Estimada Teresa; arestora non é aínda oficial mais varias axencias notician que estas "curada" da terrible infección que contraiche cumprindo co teu traballo. Eu conformome con saber que a túa vida non corre risco por mor do virus mais sei que aínda tes por diante un longo camiño de recuperación física, psicolóxica i emocional.
Prégoche que disimules a miña aparente falta de cortesía por che escribir en galego sin saber si o entendes ou o falas pero non só o fago por tí senon por min tamén; eme maís doado comunicaren emocions no xeito que me falaban os meus país. De tódolos xeitos supoño que mais che molestaría que un individuo falara mal do teu traballo sen ter compartido nin un minuto contigo nun entorno laboral ou que outro prexulgase os teus merecementos sen sequera coñecerte e fixera de confesor condeandote a un castigo (ou penitencia) tan cruel como desproporcionado.
Sei que a quen mais vas botar en falla vai ser a Excalibur... non teño argumentos para saber si o desenlace foi correcto pero sí para decir que tamén ahí se fixo mal.
Pero de facer cousas mal estás tí de volta; voltas dunha mala experiencia que puxo en perigo a túa vida e a dos seres que amas por mor dunha mala planificación, unha mala dotación, unha mala instrucción, un nulo adestramento, unha inexistente vixiancia entre pares, un seguimiento paupérrimo... pero voltas e serás tí quen fale delo cando e como queiras.
Tamén falarás, espero, da falta de privacidade, da violación da intimidade, de ter que estar coas persianas baixadas... en oscuridades de neón...
Se falas escoitarei con gusto e cando por fin saias á rúa gostaría de estaren alí para darche unha forte aperta que levase lonxe calquer medo que outros puideran ter de agarimarte e dicirche
Benvida Teresa¡¡
PD: Esquecín por esta música... que lle acae ó tema mais non sei si che gustará:
A muller de verde de Izal
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input