Google+

Xestión, camas e silenzo

Monos de garbata... monos ó fin...
Para deixa-lo mes feito nesta entrada imos "manchar" este blog con observacions persoais sobre temas candentes da sanidade... ben podería non facelo e seguro que ninguén mo botaría na faciana... como a outr@s tantos guruses insignes.

O tema da xestión clínica en SACYL segue o seu curso, por desgracia a miña profesión está (estamos) focalizados nun punto absolutamente colateral do argumentario como é si pode ou non unha enfermeira dirixir unha UGC... unha cuestión baladí si enfocamos o tema dende o punto de vista de quen importa: os usuarios... ou non?

E xa que falamos dos usuarios ¿que papel teñen nas UGC?... tanta filosofía da atención centrada no doente e mira por donde... nin están sin se vislumbra. Seguramente terán que recurir ás moi activas canles de comunicación coa administración (das que alardean en informes de calidade) como as reclamacions e as enquisas... ahh que non, que son canles unidireccionais... bueno que mais ten? a xente pode queixarse... e U-los mecanismos de participación social que prevee a lexislación?.

Así que teremos unidades que "mediran" o seu facer en virtude dos cartos que empreguen e non en virtude da taxa de mortalidade comparada ou de complicacions comparadas e axustada por risco...

-para, para, para ... de dónde pretendes que se saquen eses datos?

Dos "magníficos sistemas de información en tempo real" que temos...

Disimulade o complicado da redacción; só quería deixar a ver que si as UGC miden só gasto ou "producción" (altas, procedimentos etc) non valerán de nada para quen importa: as persoas.

Temos logo a "outra banda" que mide as cousas como vai 40 anos en ratios fixos poboacionais sen teren en conta as variacions na incidencia das patoloxías ou a súa evolución temporal... Un exemplo rudo: para esta xente si vai 30 anos había que ter 50 camas (e o seu correspondente persoal) para tuberculosos esas camas deben seguir ahí... mortas de risa. Por iso me chamou a atención a lexislación de Pennsylvania (Safe staff bill)

Outra cousa é que podamos manter abertas camas e quirófanos para operar en verán o que en inverno non se pode pola incidencia das patoloxías médicas clásicas (EPOC, Insf. cardíaca...) ahhh pero eso implicaría que 'igual' hai mais problemas para coller vacacions en Xullo e Agosto... ou outras cousas... é certo que con menos camas nun centro se producen mais esperas en urxencias (con alto risco para a seguridade por moitas causas) pero, curiosamente tamén se están dando mais altas e operando mais (en absoluto e en relativo)... e hai silencios senlleiros neste tema.

E non esquecer que esto todo depende da reforma constitucional asinada con nocturnidade conxuntamente polo dous grandes partidos... gastos=ingresos... >si rebaixamo-los ingresos (baixando impostos, relaxando a inspección fiscal...) a consecuencia lóxica e 'constitucional' é... reclamacions ó mestre armero.

Logo está o tema da integración... si facer funcionar dun xeito armónico os hospitais, atención primaria e centros e servizos sociosanitarios soa xa a fantasía Qué se pode esperar si dentro destes ámbitos os intereses se 'concentran'? e indo por esta beira para voltar ó principio Podería un médico de familia dirixir unha UGC "do corazón" ? Si se tratase de 'centrarse nos procesos' si, mais como se trata de "controla-los cartos"...

Unha última consideración como nota para unha próxima entrada-xogo: cal é a diferenza (si a vedes) entre un "funcionario" e un "empregado público" ?

Porqué as mensaxes de "defensa" da sanidade pública sempre son 'cara ós de arriba' e non cara ós profesionais que fan cousas que tamén significan desspilfarro dos cartos de tod@s ? non é eso deixar en mans "dos de arriba" esa salvaguarda 'do público' que, disque, se quere facer? Qué hai de malo en decir que si empregamos mal os recursos tamén estamos contribuíndo a 'privatiza-la sanidade'?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input