Google+

!!SOMOS HUMANOS¡¡

Fai pouco e fai moito veuse de tinguir de horror a sempre festiva "noite do apostolo"... a mín tocoume moi lonxe pero moi dentro e como a comunicación non era tal decidín deixar de leer por iso rogo que disimulen as eminentes persoas que xa teñen verquido moreas de verbas e xuizos expertos sobre o tema e as súas circunstancias...

Tras tentar deixar pasa-lo tempo para facer unha reflexión "fria" atopeime cunha punzada no estómago en canto albisquei dende a autoestrada o lugar da desgracia... e decidín que tiña que falar delo malía a desinformación que recoñezo a custo de quedar outra vez coa gorxa envolta nun pano de anguria.

Como veño preconizando nas entradas de esta etiqueta (Primun non nocere) e como explican as evidencias de a nosa e de outras industrias a complexidade dos procedementos que afrontamos no traballo pon en relevo a idea de Reason e os "buratos" nos sistemas que, manteño, deixan só a un humano como derradeira barreira ante o risco porque pode que haxa sistemas de transporte automatizados vixiados por humanos pero a sanidade é un sistema no que as decisións as tomamos os humanos e o que precisamos é a asistencia de sistemas de seguridade.

Sorprendeume que prontamente se difundisen as imaxes do accidente; de contado comprendín que non se trataba de aliviar ás familias senon de disimula-lo golpe no prestixio da industria da alta velocidade ferroviaria e de seguridade cidadan do estado... había que deixar claro que: 1- non foi un atentado, 2- nin o tren nin a vía non tiveron un mal funcionamento.

Entrouse logo nos dous puntos clave e cada tertuliano e medio de (in)comunicación puxo o til nun deles segundo a súas conveniencias politicas... Botarlle a culpa só ó home (e á chamada) era un xeito de mingua-la presión sobre o goberno, botarlla ó sistema de seguridade e ó seu aparente déficit ou racanería era un xeito de incrementala (ou de pasarllela ó goberno anterior).

Eu persoalmente quixera esperar a que saian os informes de estudo do caso (non a sentenza xudicial) e desexar que estes se fagan coa ollada posta na mellora do sistema e co obxectivo de evitar futuros accidentes non só por salvaguardar intereses estratéxicos ou políticos así que disminuir velocidades máximas permitidas coido que ven a ser un xeito pouco preciso de decir que os outros sistemas de seguridade non son de fiar...

Para trata-lo tema da actuación dos medios de emerxencia e do papel dos non sanitarios nas catástrofes vos recomendo a entrada de Esther Gorjón (@jesterhanny).

Agora vos deixo a miña canción preferida sobre o tema do Análise Causa Raiz

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input