"Os 'novos' responsabeis políticos da(s) sanidade(s) estanlle a ver as orellas ó lobo que xa anunciara F. Abril Martorell hai mais de 10 anos."ó fío dun artigo sobre a utilización das prestacions sanitarias do SNS por parte de persoas maiores comunitarias...hoxe que se está a aprobar unha normativa comunitaria sobre o tema me senta ben saber que aquelo non fora unha "iluminación" senón unha reflexión sobre a realidade.
Mágoa que sexa como o tema das entidades financieiras e "rendibilidades pasadas non garanten rendibilidades futuras" ainda que no meu interior vislumbro un panorama no que nos veremos na obriga de ser audaces, inovadores, convincentes e testanes para seguir a ofrecer un servizo que teña aínda mais calidade (porque teña menos EAs) e que supoña un custe aínda mais axustado para TODOS porque, a sanidade non a pagan só os que acuden a ela; pagámola TODOS e, cecais, mais que plantexar 'repagos' habería que limita-la "demanda interna" do único xeito que semella ser efectivo...hai un vídeo moi bonitiño dun médico asinando 50 receitas nun minuto...en primeiro lugar qué desperdicio de 12 anos de formación, en segundo lugar lembreime dunha frase de Bestard que dicia que o que mais temía un xerente era a un tipo cun bolígrafo que soubese empregalo sen que lle fose nada nelo.
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada