Hoxe festexo a maioría de idade como enfermeir@ e abofé que é unha data que me semella importante porque a semana pasada realicei o curso de acreditación para liderar revisions sistemáticas do centro colaborador do JBI en España.
Estreo ademais esta identidade como blogger co que tentarei de profundiza-la distancia entre o puramente persoal e o profesional. Pero non é cuestión de ollar cara atrás senon de instaura-lo futuro e por elo vos comunico que gracias á confianza da xente de SEECIR terei a responsabilidade de por en marcha unha iniciativa 2.0 para esa sociedade de xeito que gañe visibilidade unha iniciativa que ten, penso, moito valor tanto polo plantexamento como pola xuventude e vigor da xente que está detrás da idea.
Aínda son moi nova, no ranking de antiguedade das enfermeiras coas que comparto centro de traballo non chego nin á metade, polo que non debera ter temor a aprendizaxe necesaria e obrigada sobre os novos medios e o seu emprego, as súas bases fundamentais e como se estan a por en marcha iniciativas semellantes en todo o noso entorno como estas ideas expostar por @manyez...
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada