O Boletín da axencia de calidade de Novembro se fixo eco dun artigo do PloS Med no que se refire o escándalo dos artigos 'de encarga' asinados por eminentes sen escrúpulos e orientados en beneficio da poderosa industria farmaceutica e dos productos sanitarios.
No número deste mes abonda no tema enfocandose no caso dos artigos de investigación clínica sobor do cancro. Atópase unha notable asociacion entre o financiamento por parte da industria e os resultados positivos de, por exemplo, supervivencia e, seguramente, só se trata do cumio do Iceberg pois o financiamento dos estudos soe ser un dato 'autoinformado' polo que cabe sospeitar que mais artigos estarán baixo a sospeita.
Así pois, como dixen no facebook: "Cando non podes acreditar no que lees, en que ter confianza?".
Porque si a EVIDENCIA se construe en base a artigos de investigación primaria que están sesgados. E si, xa sei que para iso está a lectura crítica e que tanto Cochrane como Joanna Brings empregan ferramentas moi duras (e hai outras como CONSORT, STORBE, MOOST etc.) para 'dar de paso' artigos que se integren nas revisions sistemáticas, mais; non estará a industria a face-lo mesmo coas revisions sistemáticas? ata o de agora a industria era a única que tiña os cartos e os medios para facer grandes estudos poblacionais e a alternativa para xerar evidencia de calidade eran as revisions sistemáticas e as metaanlises mais, agora que se está a por a descuberto o seu xogo, non será razoable que a industria escomence a bombardear con "revisions á carta"? eu coido, como xa indiquei que é preciso que as axencias de avaliación de tecnoloxías, as institucions que fomentan a atención sanitaria baseada na evidencia as organizacions profesionais e as poucas editoriais independentes que queden (outro mecanismo de control da industria) retomen os requisitos de publicación de artigos.
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada