O malo
H1N1: Para uns unha estafa, para outros un mal cálculo e para os mais un pesadelo sen -estatisticamente- consecuencias (polo de agora). A vacinación sae moi mancada a nivel de opinión pública.
Prescripción: Mais un parche para a enfermeiría. A verdadeira "prescripción enfermeira" queda aparcada e os valeiros existentes sobre 'si precisa' ou sobre 'preparacions' continúan.
Especialidades: A eterna tramitación malía que, polo menos, está aberta a aplicación para solicita-lo acceso pola vía escepcional.
O desprestixio: O caso Ryan, fixo moito dano á imaxe pública da profesión non tanto polo acontecido en sí como pola facilidade coa que se CULPOU a unha profesional...por certo; ese individuo sige de xerente?
Certos tribunais: Facer un exame de oposición non é doado pero facer un exame no que hai que correxir 4 respostas e anular 8... precisa cando menos de autocritica.
O bó
Novos desenrolos e novos horizontes: A tecnoloxía non deixa de avanzar e brindar novas oportunidades ás persoas e novos recursos ós coidadores.
O Nurseroll: Os blogs de enfermeir@s cada vez teñen mais nivel malia a que alguns nos empeñamos en baixarllo...a min gustame especialmente LAS CORONARIAS e os moi activos CUIDADOS ENFERMEROS INTENSIVOS.
A capacidade: Cada vez hai mais ENFERMEIRAS en cargos decisivos da administración e cada vez mais a administración mira á nosa profesión como unha oportunidade para o SNS.
A sorte: atopámolo con tempo e actouse rápido.
A oportunidade: Un reto persoal para aprender e para opinar con algo de coñecemento de causa.
1 Conversación.:
Cada vez hay más blog enfermer@s desde aquí felicito a tod@s y os deseo lo mejor para el 2010. Con una nominación especial para tí.
Saludos
Publicar un comentario en la entrada