Google+

Seguridade de que?¡¡¡

E tivo que ser xusto nestas detestables circunstáncias nas que a equipa da oficina de seguridade da información da GRS-Sacyl viñera a face-la presentación das medidas de seguridade xenéricas respecto ós ficheiros informatizados declarados no centro.

A min chámame poderosamente a atención a pouca presencia do persoal sanitario nas charlas ainda que vendo o exemplo de como difiren a teoría e a práctica á hora de preguntar detalles e aplicarse o conto no intre de falar mellor foi que non acudise ningúen mais.

Malía a ser un deber coñecido por tod@s a obriga de gardar confidencialidade sobre tódolos datos dos doentes e, en especial, sobor dos datos "sensibles" como o estado de saude, relixión, opcion sexual etc. está moi banalizada na práctica diaria tanto no canto dos soportes de papel como no relativo ós datos que (pode) mostrar unha pantalla ou que se poden cargar nun soporte calquera... moitos son os fallos que cometemos neste eido e mais tendo en conta "as dúas facianas da información" ou sexa o que se dí e o que NON se dí; por exemplo: se digo que alguén 'non está ingresado' xa estou proporcionando un dato a quen desexe atopar a unha persoa en concreto ¿non si?.

En toda manifestación pública ó respecto de un acontecemento do tipo ó que nos enfrontamos o mais que se pode facer dende un centro sanitario é remarcar o dereito á intimidade do doente e da súa familia e lembrárllela a tódol@s que traballamos no centro.

1 comentario:

  1. Y más si te pillan dando información como: "la niña ya está en Bembibre..." cuando hasta ese momento nadie sabía de donde era.

    ResponderEliminar

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input