Google+

Que veñen¡¡¡

Veñen os polacos¡¡¡, veñen os polacos¡¡¡ berran polos pasillos coma si viñesen de verdade sobre cabalos uns guerreiros dispostos a todo.

O certo é que o problema causado (si, causado) pola NULA planificación dos magnificos directivos da sanidade e da educación dos pasados gobernos que só souberon cobra-los seus incentivos e que agora "non reciben". O problema da marcha dos especialistas formados no 'mellor sistema do mundo' sendo tratados como 'infrahumanos' polos seus formadores e coma 'subespecie' polas administracións sanitárias. O problema do movemento de especialistas dende os centros perifericos ós centrais por tantas e tan diversas razons. O problema de estarmos forzosamente integrados nunha estructura ben pensada para fomenta-los trocos de mercadorias e cartos, mais que ten mal encaixe á hora de plasmalo na circulación de traballadores cualificados en traballos que requiren grande manexo dos coñecementos e a información e de ofrecer servizos especializados.

O problema ten mala solución... e por mor dos tratados de ampliación da UE é mais doado traermos especialistas dos paises do leste europeo (agás Bulgaria e Romanía) que dos mais próximos -culturalmente- de américa latina.

E non quero deixar de lado un tema co que se me "ataca" cando saen as novas de que o goberno galego traerá especialistas de paises do leste... I é que tódolos que comentan estas novas por estes lares deseguido sacan o tema de que "a estos no les pedirán gallego, no?"; pois non, como a estes polacos que escomenzan o día 22 non se "lles pediu" castelán; se lles presupón. Digo eu que será como suxerín en algunha ocasión: Terán uns meses para aprendelo e os que non o acaden deberán voltar por onde viñeron...E falando deso xa sabedes o que, seica, aconteceu na extremadura. Que os especialistas contratados ós que se lles brindaron cursos de lingua castelan i asisténcia de traductores durante o traballo acabaron marchando a Portugal. ¿E será por algo?; será.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input