Google+

Declaran rematada a SantaOpeExtraordinaria

5 anos de oracions, maldicions, desesperos e pacientes impaciencias veñen de ser declaradas como rematadas coa orde do día 22 publicando as prazas adxudicadas na terceira rolda e declarando o fin do proceso de provisión. (.pdf <1 Mb).

Non queira deus que as mentes pensantes volten a ter "boa vontade" de aumenta-la estabilidade das súas plantillas por medio dun proceso "extraordinario e por una sola vez".

Evidentemente non son unha persoa versada na escritura mais, as veces, tento que as verbas transmitan o que penso; neste caso vos pido que vos fixedes en que digo:"declaran rematada". I é que coa cantidade de chapuzas que trouxo baixo o brazo este proceso compartido por igual polos dous partidos maioriatarios do estado non sería de estranar que os seús "efectos xudiciais colaterais" se prolongasen mais aló do 2010...

Por exemplo me chama moito a atención que nesta terceira rolda se adxudicasen tantas prazas de primaria(81) algunha delas a xente con 88 puntos (ou sexa xente con praza e con 5 anos de antiguidade···) mais a 'autoridade convocante' decidiu que o proceso tiña que rematar como os números de circo: cun grande e atropelante final.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input